Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Sorteo das Letras Galegas

Imagen
  No sorteo de libros co gallo das letras galegas, os premiados foron: Arnoia (infantil), Galiza (xuvenil) e Carlos (adulto)

Últimas incorporacións ó catálogo

Imagen
 Seguimos ampliando o catálogo de libros da biblioteca. Agardamos que sexan do voso interés!

Falece Domingo Vilar

Imagen
Hoxe faleceu en Vigo o escritor vigués Domingo Villar de 51 anos de idade que sufrira o pasado luns un ictus do que non puido recuperarse. Desde fai trinta anos, Domingo Villar Vázquez residía en Madrid, onde accedeu ao mundo da literatura con Ollos de auga , un libro co que nacía o inspector Leo Caldas e que na súa edición en castelán xa alcanza as 23 edicións. Tras o gran éxito da súa primeira novela, Domingo Villar publicou A praia dos afogados , segunda entrega das aventuras de Leo Caldas, que saltou ao cinema da man de Gerardo Ferreiro.  Na nosa biblioteca contamos con estas dúas obras, que son de lectura obrigatoria para moitos alumnos do bacharelato.

Excursión a Santiago de Compostela

Imagen
Os Servizos Sociais do Concello de Esgos volven a organizar a excursión que se viña realizando anualmente. A proposta deste ano é visitar Santiago de Compostela polo Xacobeo o sábado 28 de maio. 🚌 Saída de Esgos ás 8:00h, ruta guiada por Santiago de Compostela, comida e visita a Noia, unha das vilas medievais máis bonitas de Galicia. ✍️ A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais a partir do 18 de maio, con preferencia para os veciños e veciñas empadroados neste concello

Letras Galegas 2022

Imagen
O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), que é un reflexo da cultura galega no século XX.  Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Na biblioteca temos o libro Florencio Delgado Gurriarán : vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista escrito por Ricardo Gurriarán.  Na biblioteca temos o libro Florencio Delgado Gurriarán : vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista   escrito por Ricardo Gurriarán. Para celebrar o Día das Letras Galegas na biblioteca sortearemos 4 libros escritos en galego entre todos os usuarios que realicen algún préstamo de libros entre o 2 e o 20 de maio. O sorteo realizarase o luns 23 de maio ás 19:00 horas na biblioteca e publicaranse os premiados neste blog. (1 préstamo de libro en