Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2009

Reunión das Mulleres Rurais

O presidenta da asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca a todas as mulleres a unha reunión para planificar os cursos do vindeiro ano. Lugar: Local social de Esgos Data: sábado, 5 de decembro Hora: 18 horas

Nova web do concello

Imagen
A web do concello de Esgos estrea hoxe unha nova imaxe, máis moderna: Ainda que faltan algunhos contidos, que se irán engandindo ó longo dos vindeiros días, xa podedes ir votándolle un vistazo, e claro, deixando eiquí os vosos comentarios e opinións. Os cambios sempre orixinan un pouco de "desconcerto" pero espero que vos guste.

Xogomóbil

O vehículo Xogomóbil volverá a estar no noso concello. Esta é unha actividade gratuita para nenos de entre 4 e 14 anos, que consiste en xogos informáticos e de lecer. Lugar: Vilar, ó carón do local social Data: Martes 17 de novembro Hora: A partir das 5 da tarde Para máis información podedes chamar ó concello 988290000. Animádevos e non faltedes.

Magosto 2009

Imagen
O pasado domingo celebrouse na praza da Souteira o magosto do concello. Citouse á xente para as 13 horas para "coller o sitio" e ás 13.30 comezouse a servir a comida. Os preparativos Os comensales Nun primeiro momento parecía que non ia vir moita xente, porque o tempo non acompañaba, pero ó final non choveu e a xente animouse. ¿Do menú que imos dicir? Para comezar: empanada Para fartar: chourizos e churrasco De postre: castañas, bica, café e chupito ¿A música? Os Airiños de Caldelas, como non... ¿A participación? Moi boa... unhas 350 entradas vendidas, máis os menores de 12 anos, máis os voluntarios que serviron a comida.

Seminario "Importancia das TIC nas dinamizacións dos negocios"

A finais deste mes de novembro, ainda falta por fixar a data, celebrarase un seminario sobre a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación nas empresas . Trátase de explicarlle aos pequenos empresarios ou traballadores a aplicación real que poden ter as novas tecnoloxías no seu negocio, o beneficio que isto pode supor, e introducilos a cómo facelo. O seminario ten unha duración de 5 horas, distribuidas en dous dias . Ó finalizar entregarase un diploma oficial acreditativo. Os interesados deberán anotarse no concello ou no telecentro , xa que é necesario cubrir un mínimo de prazas. Obxectivos do seminario: Sensibilizar da importancia do emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación. Achegar ao ámbito rural as oportunidades que tódolos negocios poden ter nas TIC. Promover a minimización de brecha dixital nos negocios galegos. Dar a coñecer vantaxes que aportan o uso das TIC en materia de abaratamento de custos, fronte a situación actual de crise económic