Entradas

Mostrando entradas de junio, 2014

Bloquear invitaciones a juegos en facebook

Imagen
Usuarios de facebook nos comentan en la biblioteca que le molestan las continuas invitaciones a juegos, así que os mostramos un pequeño tutorial para dejar de recibirlas: 1. Abrir facebook y en la parte izquierda veremos la zona de aplicaciones y haremos clic en "juegos" 2. Se mostrará el centro de aplicaciones y en la parte izquierda haremos clic en "Solicitudes" (marcado con un círculo rojo) 3. A continuación se mostrarán todas las solicitudes a juegos propuestas por nuestros amigos. Al lado de cada solicitud aparece un botón para jugar y otro con una X. Pulsaremos en la X para bloquear el juego y dejar de recibir invitaciones: 4. Al pulsar en la X nos da dos opciones: una para bloquear ese juego en concreto y otra para bloquear todas las invitaciones de esa persona. Elegiremos una de ellas y listo! No recibiremos más solicitudes!

Horario de verán

As piscinas municipais estarán abertas a partir do día 21 de xuño, en horario de 12:00 h a 21:00 h, e como ven sendo costume, o horario da biblioteca modificarase: A partir do luns 23 de xuño a biblioteca estará aberta de 11 a 14 horas.

Entrega de diplomas do taller de memoria

Imagen
Onte pola tarde o alcalde, a traballadora social e o profesor do curso entregaron os diplomas do taller de memoria e ximnasia.

Campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"

Imagen
A campaña “Separemos ben, reciclarmos mellor”, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, chegará a Esgos este mes. Instalarase un aula móbil dende a que diversos monitores darán a coñecer ós veciños o principio normativo dos tres erres: reducir a produción de lixo, reutilizar ao máximo os produtos ata esgotar a súa vida útil, e separar os refugallos por tipos de material para que poidan ser reciclados. Tamén recordarán o contedor de destino de cada residuo e falarán das vantaxes, tanto ambientais como económicas, da compostaxe doméstica. Os nenos tamén terán o seu espazo que virá a complementar e reforzar a formación dos escolares en materia de xestión de residuos urbanos. Lugar: Praza da Souteira Dia: 25 de xuño Horario: 10:00 – 14:00 h

Conto contigo, na biblioteca

Imagen
Hoxe na biblioteca puidemos desfrutar do espectáculo de contacontos "conto contigo"  dentro do programa de animación á lectura Ler Conta Moito.  Unha das condicións deste programa é que as actividades deben levarse a cabo nas instalacións da biblioteca así que tivemos que mover mesas, estanterías.... pero mereceu a pena: asistiron 20 nenos e nenas e tanto eles como os pais/nais, quedaron moi contentos.

Contacontos na biblioteca

Imagen
Os nenos e nenas de entre 4 e 11 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ó espectáculo de contacontos "Conto Contigo", o vindeiro mércores 11 de xuño ás 18:30 horas, enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.