Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

Campamento de verán

Imagen
  O Concello de Esgos ofrece ás familias un campamento de verán para axudar á conciliación O campamento de verán Esgos 2022 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos ofrécelles ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada. DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos. No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil. NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade. En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran. CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación: