Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Xogos polo Nadal

Imagen
  A tarde de Noiteboa pasámola na biblioteca facendo diferentes actividades: Comezamos cunha "busca do boneco de neve", un xogo de pistas que levou aos rapaces a diferentes puntos de Esgos ata atopar ao boneco. Continuamos na biblioteca montando un puzzle, xogando ao "xestos" e a "jenga"

Presentación libro de Lola Gil

Imagen
  Lola Gil presentará a súa novela "16 años para estar contigo" o vindeiro venres na biblioteca de Esgos. 🗓️Venres 29 de decembro 🕡18.30h A autora estivo este ano por primeira vez en Galicia e eiquí en Esgos (concretamente en Vilar de Ordelles) escribíu “16 años para estar contigo”, e tamén comenzou o seu  #ProyectoGalicia  do que tamén nos falará. O venres estará na biblioteca para falar da novela, firmar libros, sacar fotos... Non o perdades, pasarémolo ben.

Xogos en Noiteboa

Imagen
Aínda que non o incluímos na programación de Nadal do Concello , este ano abriremos a biblioteca o día de Noiteboa pola tarde para ofrecer aos máis novos (maiores de 12 anos) un espazo e un tempo de ocio en grupo. A partir das 4 da tarde terán que rescatar ao boneco de neve nun enredo de pistas e despois xogaremos a adiviñar palabras só facendo mímica, faremos un puzzle ou competiremos nun concurso de cultura xeral, entre outros xogos.

Visita da residencia de maiores

Imagen
Hoxe pola mañá recibimos na biblioteca a un grupo de usuarios da residencia de maiores de Esgos.  Visitaron a biblioteca para coñecer as novas instalacións e pasamos un intre moi agradable xogando nos ordenadores.   Na seguinte visita faremos os carnés de socios!!

Programación de Nadal

Imagen
  O concello de Esgos organiza diferentes actividades para este Nadal e un ano máis recollerán alimentos para colaborar coas familias máis necesitadas. Ademais dos obradoiros de adornos de Nadal, que xa vos comentamos noutras publicacións iremos a Pazolandia Pazolandia, o maior parque de atraccións de Galicia, situado nas instalacions do Pazo dos Deportes Paco Paz-Deputación de Ourense. 🗓 Mércores 27 de decembro 🕢Saída en autobús de Esgos ás 10:00h 🎟 Esta actividade é gratuita para empadronados en #concelloesgos e ten un custe de 5€ para non empadroados. Tamén poderedes participar no XXIV Concurso de postais de Nadal. - Dirxido a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos. - Poderase utilizar todo tipo de materiais. - Pola parte de atrás debe poñer o nome e a idade. - As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 29 de decembro. Aviso: Non se recollerá ningunha postal despois desta data. Entregaranse os premios do concurso na visita dos Reis Magos prevista para o día 5 de x

Aviso

O xoves 7 de decembro a biblioteca estará pechada. Desculpade as molestias

Novo servizo de mensaxería

Imagen
Poñemos en marcha un novo servizo de difusión das actividades da biblioteca a través do WhatsApp 607 49 44 39 Trátase dunha canle unidireccional: servirá só para que dende a biblioteca enviemos información das actividades, cambios de horario, novidades no catálogo, etc e non servirá para atender demandas, queixas ou suxestións. Para recibir información a través do Servizo de WhatsApp da biblioteca de Esgos debe seguir estes 3 pasos: Enviarnos os seus datos mediante o presente formulario Agregar na lista de contactos do seu móbil o número de teléfono 607494439 por exemplo co nome "biblioteca Esgos" Enviar unha mensaxe ao contacto creado ("biblioteca Esgos") co texto "ALTA nome e apelidos". Se nalgún momento quixese darse de baixa do servizo, bastará comunicalo a través do mesmo formulario e será borrado da lista de difusión. No caso de persoas menores de 14 anos deberá outorgar o seu permiso o pai, nai ou titor do menor.

Grupo de voluntarios

Poñemos en marcha un novo proxecto que non é máis que darlle nome ao que moitas e moitos xa facedes na bilioteca: COLABORAR. Así que hoxe 1 de decembro estreamos oficialmente o "equipo de voluntariado da biblioteca" . Voluntario/a son aqueles rapaces, rapazas ou adultos que adican parte do seu tempo libre ás actividades que se organizan na biblioteca.  Entre as tarefas dos voluntarios están por exemplo: participar na decoración da biblioteca polo samaín ou o Nadal, colaborar nos obradoiros, ler a outros/as nenos/as, entregar ou recoller libros, axudar aos maiores coas novas tecnoloxías... Resumindo, o que xa estades a facer! Se ti tamén queres ser voluntario ou voluntaria apúntate na biblioteca. A partir de hoxe tomaremos nota das actividades realizadas por cada voluntario/a para premiar tamén o seu esforzo.