Grupo de voluntarios

Poñemos en marcha un novo proxecto que non é máis que darlle nome ao que moitas e moitos xa facedes na bilioteca: COLABORAR. Así que hoxe 1 de decembro estreamos oficialmente o "equipo de voluntariado da biblioteca".

Voluntario/a son aqueles rapaces, rapazas ou adultos que adican parte do seu tempo libre ás actividades que se organizan na biblioteca. 

Entre as tarefas dos voluntarios están por exemplo: participar na decoración da biblioteca polo samaín ou o Nadal, colaborar nos obradoiros, ler a outros/as nenos/as, entregar ou recoller libros, axudar aos maiores coas novas tecnoloxías... Resumindo, o que xa estades a facer!

Se ti tamén queres ser voluntario ou voluntaria apúntate na biblioteca.

A partir de hoxe tomaremos nota das actividades realizadas por cada voluntario/a para premiar tamén o seu esforzo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo