Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Día da muller

Imagen
Co gallo do 8-M o Concello de Esgos organiza unha tarde de actividades para mulleres no Centro Cultural Parada Justel polo que a biblioteca pechará ás 19:00h. Na biblioteca promocionaremos a vindeira semana libros de temática feminista e libros escritos por mulleres. Agardamos que vos guste a nosa selección de títulos.

Puzzles na biblioteca

Imagen
O pasado mes de decembro comezamos a facer un puzzle comunitario na biblioteca no que moitos puxeron pezas para rematalo. O que comezou coma un pasatempos nas vacacións de Nadal estendeuse ata o día de hoxe, que estamos a piques de rematar o terceiro puzzle de 1.000 pezas. Ademais dunha maneira de pasar o tempo e relaxarnos e de divertirnos un intre, os puzzles tamén teñen numerosos beneficios para a saúde como axudar no desenvolvemento de habilidades, mellorar a memoria e estado de ánimo.  Gran traballo en equipo!!

Libros incorporados ao catálogo

Imagen
Este mes de febreiro incorporamos ao catálogo da biblioteca libros en inglés, novelas, libros de autoxuda... E tamén promocionamos os libros de cociña e de hábitos alimentarios saudables, sen esquecernos dos autores de moda. A finais de mes estréase a serie de tv "Reina Roja" baseada no libro de  Juan Gómez Jurado.  

Taller de trampas para velutinas

Imagen
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Esgos organiza un taller de fabricación de trampas caseiras para a captura de avispas velutinas Sábado 2 de marzo no Centro Cultural Parada Justel (Esgos) ás 16:00h. Para participar deberán inscribirse na biblioteca ou nas oficinas municipais e acudir o día sinalado con polo menos 2 botellas de plástico de 1.5 ou 2 litros.  

Obradoiro de fabricación de coresmas

Imagen
Contan que «poñe-la coresma» é unha vella tradición que constistía nun intercambio de monecos de palla que se levaban dun pobo a outro ás agachadas, porque para o que a recibía era unha gran ofensa, xa que eran obxecto de burlas ou mofas.  Había xente que incluso pola noite do martes ao mércores de cinxa non durmía vixiando os camiños para que ningún dos pobos veciños entrara no propio para poñela coresma. O que quedaba coa coresma tiña que "aseala e alimentala" ata o vindeiro ano. Para que as tradicións non se perdan o venres 9 de febreiro na biblioteca fabricamos coresmas e o martes de entroido voltaremos a "poñe-la coresma", para que non se perda a tradición.

Pechado polo entroido

O luns 12 e o martes 13 de febreiro a biblioteca estará pechada. Feliz entroido!!