Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2011

Escola de gaita

Imagen
O vindeiro 1 de outubro comezará un novo curso de gaita, percusión e pandereta da Escola de Gaita do Concello de Esgos. Estas clases son gratuitas e impartiranse no local social de O Pinto os sábados a partir das 15.30 horas. Para inscripcións e máis información chamar ó 988290000 (Angeles) ou falar cos profesores (Bea ou Manolito)

Charlas sobre seguridade

Imagen
O Ministerio do Interior puxo en marcha o “Plan Maior Seguridade” , dirixido á prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores. Funcionarios da Guardia Civil impartirán varias charlas informativas, nas que ofrecerán consellos para evitar ser víctimas de feitos delictivos como: Roubos nos seus domicilios Roubos no entorno de bancos e caixas de aforros Tiróns de bolsos Estafas telefónicas, timos, etc. Uso fraudulento das suas propiedades, fondos, contas e cartillas de aforro. Maltrato nas diferentes formas. Estas charlas impartiránse en: Local social de Pardeconde, o 27 de setembro ás 18:30 horas. Local social de Esgos, o 29 de setembro ás 18:30 horas. Local social de O Pinto, o 4 de outubro ás 18:30 horas. Local social de Lobaces, o 6 de outubro ás 18:30 horas.

Curso de complementos e bisuteria

Imagen
A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás súas socias a participar nun curso de complementos e bisutería que se impartirá os sábados de 17:00 a 19:30 horas no local social de Esgos . Comezará o sábado 24 de setembro e rematará o sábado 26 de novembro. Si estás interesada, xa sabes, participa.

Foto do campemento no Invernadeiro

Imagen
No campamento " en tren ao invernadeiro " participaron 19 rapaces e rapazas do concello, acompañados por 4 monitores. Comezamos cunha visita ó museo de Moncho Borrajo na estación de Baños de Molgas. Dende Baños de Molgas viaxamos en tren ata Campobecerros (Castrelo do Val) onde nos aloxamos no albergue. O día transcurriu entre paseos e xogos ata a hora da cea. Ó día seguinte visitamos o parque do Invernadeiro. Máis fotos no Facebook do concello.

Novo horario da biblioteca

A biblioteca-telecentro volverá a abrir polas tardes a partir do luns 12, coincidindo coa volta ó cole , de 17.30 a 20.30 horas . Esperamos veros a todos!!!

As festas de Esgos nos xornais e na televisión

As festas de Esgos estiveron moi presentes nos medios de comunicación. A "guerra do pastel" : Na primeira páxina de "La Región" e en páxinas interiores Nos informativos da TVG. No programa "A Solaina" da TVG, a partir de 1h:10' Nas noticias publicadas sobre a "guerra do pastel" faise referencia a unha orixe desta festa que non é correcta. A "guerra do pastel" fíxose por primeira vez no ano 1999 e foi idea de Manuel Jesus Formoso (Gari). O aniversario do grupo "LA OCA" : O grupo "La oca" quixo celebrar os seus 20 anos nas festas de Esgos tocando unha canción propia coa banda de gaitas do concello. O programa " A revista " da TVG estivo nos ensaios (minuto 54). Tamén se fixeron eco desta nova en Telemiño .