Entradas

Mostrando entradas de junio, 2012

Curso básico de protección civil

Imagen
Esta fin de semana impartirase no local social de Esgos un curso básico de protección civil no que partipan alumnos deste e doutros concellos. Programa: Venres 29 de xuño, de 19 a 22 horas: Comunicacións. Sábado 30 de xuño, de 9 a 14 horas: Extinción de incendios Sábado 30 de xuño, de 15 a 22 horas: Primeiros auxilios Domingo 1 de xullo, de 9 a 15 horas: Protección civil e igualdade.

Horario de verán

Durante os meses de xullo e agosto a biblioteca estará aberta en horario de mañá: de luns a venres dende as 11 ata as 14 horas, mentres que a piscina municipal abrirá as 12 da mañá e pechará ás 21 horas.

Entrega de diplomas do taller de memoria.

Imagen
O pasado mércores, ás 7 da tarde entregáronse os diplomas do curso de memoria ós veciños que participaron nesta última edición. O acto estivo presidido polo alcalde, Mario Rodríguez e Pedro Díaz Fernández, o psicólogo responsable do taller. Pódense ver todas as fotos eiquí

Campamento urbano

Durante os meses de xullo e agosto todos os nenos do concello, de entre 4 e 12 anos , poderán desfrutar de diversas actividades no campamento urbano “VeránEsgos 2012”.  As actividades (manualidades, actividades deportivas, xogos populares, taller lectura, etc.) desenvolveránse en Esgos, de luns a venres en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 horas . Para poder participar deberánse anotar na biblioteca ou nas oficinas de servizos sociais do concello antes do 28 de xuño.

Concurso fotográfico

Imagen
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza o   concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’ , aberto a calquera persoa maior de 12 anos de idade e residente en Galicia. ‘Imaxes con Fondo’ pretende ser unha ferramenta que promova a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno e coas persoas que nel habitan. Categoría xuvenil  (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas. Categoría adultas/os  (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar a

Rallye Ourense

O "rallye Ourense" volverá un ano máis ó noso concello. O tramo coñecido como San Pedro de Rocas, que xa é un clásico deste rallye disputarase ás 9:28 horas e ás 12:32 horas. http://www.rallyeourense.es/45edicion/descargas/123seccion.pdf

Fotos da VI andaina popular de Esgos e da VI Subida Rocas - O Eirado

O pasado domingo celebrouse en Esgos o Campionato Galego de Montaña e a carreira "Subida Rocas - O Eirado" na que participaron máis de 250 atletas. Ivan Docampo da Soc. Gimnastica de Pontevedra e Purificacion Bermudez do Noteibra foron proclamados campións galegos de Montaña. Paralela a esta proba desenvolveuse a VI andaina popular do concello na que participaron 200 persoas.  A continuación deixamos enlaces ás fotografías: Fotos da andaina Fotos da carreira Fotos da comida e entrega de premios