Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

Test para pasar o rato

Imagen
Hoxe propóñovos para pasar o rato, realizar unhos test para comprobar a vosa intelixencia e a vosa rapidez mental. O test de intelixencia consta de 10 preguntas. Tamén podedes intenter contestar ás preguntas de axilidade mental para comprobar a vosa rapidez mental.

Dia do libro

Imagen
Co gallo da celebración o 23 de abril do "Dia do libro" hoxe pola tarde, no telecentro regalaremos un libro a cada un dos usuarios que acudan a navegar por internet. Esperamos que esta iniciativa sexa do agrado de todos.

¿Como buscar traballo en internet?

O telecentro pon en marcha polas tardes, talleres individuais de búsqueda de emprego , nos que poderán participar as persoas que o soliciten. Estes talleres teñen unha duración estimada de 4 horas , que se distribuirán como mellor conveña ó usuario. Trataranse os seguintes temas: Creación do curriculum Visita a diferentes portais de búsqueda de emprego Rexistro nun portal de búsqueda de emprego Búsqueda de ofertas de emprego Mais información no concello e no telecentro.

Curso "Coidador/a socio-sanitario de atención a persoas dependentes en institucións sociais"

Imagen
Dende a semana pasada 10 mulleres participan no curso "Coidador/a socio-sanitario de atención a persoas dependentes en institucións sociais" no local social de O Pinto , en Esgos. As persoas seleccionadas realizarán un itinerario formativo durante 5 meses , dos que 2 meses estarán adicados á formación teórica e os outros 3, á práctica. Para realizar a formación práctica as personas incorporaranse nunha empresa do sector e participarán directamente nas suas actividades diarias. A formación teórica tamén inclúe un módulo de novas tecnoloxías.

Excursión a O Grove (A Toxa)

A AA. de VV. Rocas (Esgos) e a AA. Rezomilo (Vilar) organizan unha excursión a O Grove (A Toxa) para o domingo 24 de maio . A viaxe inclue: Almorzo Participación nunha amena demostración publicitaria (1 hora) Comida Visita ó porto do Grove, onde subirán a un barco acristalado para ir ata a ria de Arousa Merenda na ria de Arousa Visita a Illa de A Toxa e a sua fábrica de xabóns. Prezo por persoa : 15 € As reservas deben facerse antes do 15 de maio.