Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Día do libro 2023

Imagen
Celebramos o día do libro deixando "libros ao teu carón" Despois do éxito que tivo o ano pasado a xornada  "os libros saen á rúa" ,  na que deixamos en diferentes establecementos comerciais (bares, farmacia,...) unha caixa con libros de agasallo, este ano repetimos. Na parada de autobuses de Esgos atoparedes unha caixa cunha selección de libros de diferentes temáticas e para diferentes idades, que podedes levar como agasallo polo día do libro. Levade os libros, pero deixade a caixa😜. Pretendemos achegar a lectura a todos aqueles que ainda non sodes usuarios da biblioteca, achegando os libros ao teu carón , e por suposto, obsequiar aos que xa sodes socios. Na caixa atoparedes libros coma estes e algúns máis.  Aproveitamos para lembrarvos que facerse socio da biblioteca é gratis e da acceso a todas as bibliotecas da rede da Xunta de Galicia.

Expurgo en la biblioteca

As bibliotecas non somos almacéns que buscan crear grandes coleccións de libros, senón que o que perseguimos é crear coleccións de calidade e adecuadas para os nosos usuarios. Para iso é fundamental a selección, avaliación e compra de libros, pero tamén o expurgo , descarte ou eliminación daqueles que deixan de ser útiles por diferentes motivos.  A moitas persoas pódelles chamar a atención que nos desfagamos de parte da nosa colección, pero este proceso forma parte do ciclo vital das bibliotecas. Os libros deteriorados, obsoletos, duplicados ou os que non teñen uso pola perda de interés eliminámolos da biblioteca a través de distintas formas: agasallo, doazón e mesmo tiralos. O expurgo nas bibliotecas é unha tarefa habitual, sistemática e planificada e ademais, imprescindible.

Actividades de abril da asociación de mulleres

Imagen
 A Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños" organiza 2 actividades para a vindeira semana: CHARLA COLOQUIO "MULLER E SAÚDE" (Impartida pola Escola Galega de Saúde do Sergas) DATA: Venres 21 de abril ás 16:30h  LUGAR: Centro cultural Parada Justel (Esgos) DESTINATARIOS E CUSTE: Entrada libre e gratuíta para calquera veciña ou veciño OBRADOIRO DE LIMPEZA ECOLÓXICA DATA: Sábado 22 de abril ás 17:00h LUGAR: Local social de O Pinto, ao carón do velorio DESTINATARIOS E CUSTE: gratuito para socias e 10 € para as non socias

Literatura erótica para el día del beso

Imagen
  Hoy, en el "Día del beso" queremos aprovechar para promocionar los libros de amor, pero sobre todo, la literatura erótica. La literatura erótica siempre se ha considerado como un género menor, reservado a mujeres que cumplían sus fantasías a través de las páginas de una novela y desde la biblioteca queremos quitaros esa idea de la cabeza. ¿Te gustan las novelas históricas, las  policíacas o las de intriga  que tanto enganchan? Pues las  novelas eróticas no solo te van a gustar, también te van a enganchar y además harán que suba un poco la temperatura. Olvida esa idea de que los libros eróticos son de baja calidad y léete alguno de los que tenemos en la biblioteca, quizás descubras algo nuevo. ¿Te atreves?

Día Mundial da concienciación sobre o autismo

Imagen
O pasado 2 de abril celébrouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do Autismo (TEA) e contribuir a promover a participación e a igualdade de oportunidades das personas autistas e as súas familias.  Dende o Concello de Esgos queremos levar a cabo un pequeno xesto: colocaremos carteis con pictogramas nos diferentes edificios públicos e establecementos comerciais, tratando de mostrar o noso apoio ás persoas con autismo, aos seus familiares e amigos e á sociedade en xeral.  Os pictogramas (imaxes que representan un obxecto, acción ou mensaxe) sirven de axudas visuais para aquelas personas que teñen dificultade na comunicación. Na biblioteca tamén dispoñemos de libros para nenos e adultos que tratan sobre o autismo.

Clase de baile

Imagen
Repetimos clase de baile coa Escuela de Danza Estilo Libre. Sábado 15 de abril ás 17:30h na praza da Souteira si o tempo o permite (en caso de choiva será no Centro Cultural Parada Justel). Para todos os públicos e todas as idades