Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

Balance

Agora que está a piques de rematar o ano é o momento de facer balance: O número de préstamos na nosa biblioteca incrementouse casi nun 9% respecto ao ano anterior o que nos enche de alegría. Grazas a todos por facer uso dos servicios bibliotecarios e pola vosa participación nas actividades organizadas na biblioteca!!!

Libros de regalo

Imagen
  O Concello de Esgos regala polo Nadal aos nenos e nenas de entre 5 e 10 anos o libro "A historia de Ramón". Trátase dun conto de Paco López-Barxas baseado na figura de Otero Pedrayo con ilustracións Isabel Pintado.  Poderán recoller o libro: - Na biblioteca hoxe martes e mañá mércores entre as 17:30h e as 20:00h. - Nas oficinas municipais esta semana de 9:00 a 13:00h.

Pechamos por vacacións de Nadal

A biblioteca estará pechada ao público do 29 de decembro ao 5 de xaneiro, ambos incluídos. Devolucións: Durantes estes días podedes devolver os libros nas oficinas municipais. Préstamos: Aproveitade os días que faltan para levar os libros que queirades. De todas maneiras, se necesitades algún exemplar podedes escribirnos a biblioesgos@gmail.com  Desculpade as molestias. Boas festas!!

Programación de Nadal

Imagen
  XXIII Concurso de postais Poderase utilizar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 28 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data. Concerto de Nadal Actuación da escola e Banda de Gaitas do Concello. Sábado 17 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural Parada Justel. Obradoiro de adornos Tricotín Venres 23 de decembro ás 17:30h na biblioteca municipal. Obradoiro de adornos de Nadal dirixido a nenos e nenas. Prazas limitadas. Este obradoiro ten un custe por persoa de 5€ destinado ao pago do material. Pazolandia Luns 26 de decembro Imprescindible anotarse no Concello antes do 23. Esta actividade é gratuita para os empadroados e ten un custe de 5€ para os non empadroados Visita dos Reis Magos O 5 de xaneiro ás 12:00h no Centro Cultural Parada Justel os Reis Magos entregarán os premios do XXIII Concurso de Postais.

Ponte de decembro

Os día 7 e 9 de decembro a biblioteca estará pechada. Desculpede as molestias