Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Le en galego na semana das Letras Galegas

Este ano, polas circunstancias que nos tocaron, non podemos celebrar con actividades o Dia das Letras Galegas (2020) adicado a Ricardo Carvalho Calero, pero propoñésmosvos que sigades lendo en galego. No catálogo en galego de GaliciaLe tedes moreas de libros de moi diferentes categorías  https://catalogo.galiciale.gal/ No portal "Primavera das letras" da Real Academia Galega atoparedes para os máis pequenos descargables, material para colorear, recursos interactivos... https://primaveradasletras.gal/

Apertura da biblioteca para préstamo e devolución

Queridos usuarios: ata novo aviso a biblioteca municipal segue pechada ó público. Dende este luns 11 de maio está permido o préstamo e devolución de libros, así que tomamos unha serie de medidas: PRÉSTAMOS: Ata novo aviso, abriremos só con cita previa para préstamo de libros e impresión de tarefas escolares.  Si necesitas un libro ou imprimir envía un correo a biblioesgos@gmail.com e concertaremos día e hora. DEVOLUCIÓNS: Non vos preocupedes por devolver os libros que teñades na casa, os préstamos ampliáronse ata o 11 de xuño. O catálogo online está dispoñible en:  http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021