Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

Campamento de verán 2021

Imagen
O campamento de verán Esgos 2021 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada. DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil. NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade. En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran. CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación: 1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM 2. Familias empadroadas no co

Pioneiras

Imagen
O buque oceanográfico "Ángeles Alvariño" fíxose famoso desgraciadamente por ser o encargado de realizar as tarefas de procura das nenas de Tenerife.  Este barco que conta coas últimas tecnoloxías e leva a bordo a técnicos e científicos usouse por primeira vez en España para a procura de persoas.  Pero, quen foi a muller que dá nome a este emblemático buque? Ángeles Alvariño naceu o 3 de outubro de 1916 nun pequeno pobo costeiro de Galicia, Serantes. Era filla dun médico e dunha profesora de piano. Estudou Bacharelato en Santiago de Compostela e en 1934 trasladouse a Madrid para completar a súa formación en Ciencias Naturais. A carreira viuse interrompida pola Guerra Civil e tivo que regresar a Galicia. Finalmente, puido retomar os seus estudos e accedeu a unha bolsa para traballar no Laboratorio da Marine Biological  Association. Ángeles converteuse na primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica .  É a única científica española que