Pioneiras

O buque oceanográfico "Ángeles Alvariño" fíxose famoso desgraciadamente por ser o encargado de realizar as tarefas de procura das nenas de Tenerife. 

Este barco que conta coas últimas tecnoloxías e leva a bordo a técnicos e científicos usouse por primeira vez en España para a procura de persoas. 

Pero, quen foi a muller que dá nome a este emblemático buque?


Ángeles Alvariño naceu o 3 de outubro de 1916 nun pequeno pobo costeiro de Galicia, Serantes. Era filla dun médico e dunha profesora de piano. Estudou Bacharelato en Santiago de Compostela e en 1934 trasladouse a Madrid para completar a súa formación en Ciencias Naturais. A carreira viuse interrompida pola Guerra Civil e tivo que regresar a Galicia.

Finalmente, puido retomar os seus estudos e accedeu a unha bolsa para traballar no Laboratorio da Marine Biological  Association. Ángeles converteuse na primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica


É a única científica española que aparece na  Encyclopedia  of World  Scientists, obra onde están os 1.000 científicos mundiais máis importantes de todos os tempos e na que só hai tres españois: Severo  Ochoa e Ramón y Cajal, ambos os galardoados co Nobel.


Se queres coñecer a outras pioneiras galegas, na biblioteca temos libros sobre elas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo