Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2013

Proxecto de voluntariado

Dende o concello estamos intentando poñer en marcha un proxecto de voluntariado do Servizo de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destinado a mozos de entre 16 e 30 anos. O proxecto enmarcarase dentro das accións ambientais, aínda que se admiten suxerencias e levaríase a cabo durante un mes do verán. Cada voluntariado contará con 6 euros por xornada,  en concepto de transporte e manutención. Os participantes recibirán ó finalizar unha  certificación oficial da experiencia adquirida , segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011. Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca. Máis información en  http://xuventude.xunta.es/  ou   no DOG

Dia das letras galegas

Cada 17 de maio, Galicia homenaxea a un autor, este ano a Roberto Vidal Bolaño , para honrar así á nosa lingua. Na biblioteca podedes atopar varias obras de Roberto Vidal Bolaño como: Bailadela da morte ditosa (sete baileretadas de amor e unha de morte) Cochos: relatorio valeroso en dous tempos, un prólogo, e un epílogo, para porca e actor en cativerio  Saxo tenor  Todos os que acudan hoxe á biblioteca e consulten ou leven en préstamo un libro en galego, recibirán outro libro en galego a modo de agasallo.

Rallye de clásicos e Rallye de antiguos

Imagen
O sábado 8 de xuño ás 19:00 horas, circularán por Esgos os vehículos do XIX Rallye de Clásicos e do X Rallye de Antiguos de Ourense. Os vehículos tomarán a saída na fonte de Pazos, en Esgos e pasarán pola Souteira, Cima de Vila, Chaveiro e Camiño vello para despois continuar pola estrada ata o cruce de Lampazas. Subirán cara a zona da canteira e baixarán a Regueiro para voltar a Esgos pasando pola cruz da Lama e a Parrocha. Por seguridade procederase ó corte das rúas polas que discurre a caravana de vehículos entre as 18:30 e as 19:15 horas do sábado 8 de xuño

VII Subida Rocas - O Eirado e VII andaina popular do Concello de Esgos

Imagen
Domingo 9 de xuño Toda a información relativa a estas probas deportivas pode consultarse en:  http://www.concelloesgos.com/index.php?id=165

Clases de pilates

Imagen
A partir do luns 13 de maio , durante os meses de maio e xuño, dentro das actividades da Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños", impartiranse clases de pilates: Os luns no local social de O Pinto e os xoves no local social de Esgos, de 20:15 a 21:30 horas. Xa sabes... anímante e participa!