Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2009

Só con TDT verás a tele

A partir do 18 de xaneiro "so con TDT verás a tele" , xa que cesa nesa data a emisión da televisión analóxica. Para informar e explicar ós veciños a forma de adaptarse e disfrutar dos servizos da TDT haberá puntos de información móvil (microbus) polo Concello: Esgos, martes 29 de decembro pola mañá O Pinto, mércores 30 de decembro pola tarde Esgos, xoves 14 de xaneiro pola mañá A través da entidade pública Red.es, dentro do Plan de Apoio a Colectivos de Risco de Exclusión, pódese solicitar un equipo sintonizador TDT gratuito durante o prazo de 4 anos dende a data de instalación. Para poder solicitar o TDT gratuito é necesario cumprir unha serie de requisitos que se poden consultar en http://www.concelloesgos.com/ Tódalas persoas interesadas poden informarse e presentala sua solicitude nos Servizos Sociais do Concello.

Actividades infantis Nadal 2009

Xornada de xogos populares para nenos e maiores Billarda, chave, peóns, tabas, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc. Ó acabar os xogos haberá chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós. Dia: 23 de decembro Hora : De 4 a 5.30 da tarde Lugar : Vilar Visita a Pazolandia Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou Telecentro antes do 28 de decembro. Dia: 29 de decembro X Concurso de Postais. Por décimo ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.). Tódolos participantes terán un agasallo. O prazo para presentar as postais remata o 30 de decembro. Visita dos Reis Magos de Oriente Os Reis Magos entregarán os premios do X Concurso de Postais. Dia e hora: 5 de xaneiro ás 12 da maña na Pra

Nadal na biblioteca-telecentro

Imagen
Chega o Nadal e no telecentro xa se nota o ambiente...