Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

Vacacións de Nadal

 A biblioteca permanecerá pechada por vacacións a semana do 27 de decembro. Voltamos o 3 de xaneiro! Felices festas! (Se tedes libros para entregar podedes deixalos nas oficinas municipais)

Últimas incorporacións ó catálogo

Imagen
Seguimos ampliando o catálogo da biblioteca con libros de lectura obrigatoria nos institutos e tamén con algunhas novidades en novela, cociña... solicitados polos lectores. Esta é unha pequena selección dos libros mercados co premio do "concurso María Moliner" outorgado a esta biblioteca. Seguiremos mercando máis! E ti, que vas ler neste Nadal?

XXII Concurso infantil de postais de Nadal

Imagen
Destinatarios: Nenos e nenas de 0 a 14 anos. Requisitos:  - A postal deberá levar o nome e a idade. - Pódese empregar todo tipo de materiais (cartulina, algodón, goma eva, material reciclado...) e tamén se admiten postais virtuais (fotografías, TicTok, vídeos curtos...) Prazo de entrega: Ata o 28 de decembro nas oficinas municipais ou por correo electrónico a biblioesgos@gmail.com

Decoración de Nadal

Imagen
  E ti que vas ler este Nadal? Na biblioteca xa temos preparada a nosa decoración e unha selección de lecturas para estas festas.