Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2013

Galletas para celebrar o Samaín

Imagen
Este ano, para celebrar o Samaín pensamos que sería unha boa idea facer algo de comer... así que Martín, de Confitería Milhojas nos preparou unhas galletas que despois os nenos decoraron con fondant de cores, para darlle forma de cabazas, morcegos e pantasmas. O resultado xa o podedes ver... ¡un éxito! Tamén fixemos con plastilina cabazas, morcegos, sombreiros de bruxa, etc. Unha tarde diferente na que participaron unhos 25 nenos.

Novo curso de iniciación á informática

No mes de novembro comezaremos un novo taller de iniciación á informática no que os alumnos aprenderán a: Encender/apagar o ordenador Traballar con carpetas Abrir/Pechar programas Usar as funcións básicas do Word Navegar por internet e buscar información Correo electrónico As clases impartiránse os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas e comezarán o mércores 6 de novembro. Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

Magosto

Imagen
Data: Domingo 10 de novembro Hora: 13:00 h Lugar: Praza da Souteira, Esgos Prezo: 7 euros As entradas poden retirarse nas oficinas municipais, nos bares e tendas e nas asociacións de veciños. Actuará a Charanga Nova "Terras de Trives".

Manualidades de Samaín

O mércores 30 de outubro ás 18:00 horas teremos no local social de Esgos un taller de manualidades dirixido a nenos e nenas, baixo o tema "O SAMAIN". Por mor desta actividade a biblioteca estará pechada ó público este día.

"Coaching, librándonos do pensamento negativo" en Esgos

Imagen
O pasado venres impartiuse en Esgos o obradoiro de coaching librándonos do pensamento negativo  da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Ao obradoiro asistiron 14 mozos e 6 adultos.

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes no Concello de Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer. Lugar: Local social de Vilar Dia: Venres 25 de outubro Hora: De 16.30 a 20.00 horas Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

Clases de reforzo

Os nenos de Educación Primaria deste concello poderán asistir a de reforzo que se impartirán os martes e os venres de 18.30 a 19.30 horas. As clases comezarán o martes 8 de outubro e prolongaránse durante todo o curso escolar.