Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

Curso básico de protección civil

¿Queres facer o curso básico de protección civil? A Academia Galega de Seguridade convoca tres edicións do curso básico para a provincia de Ourense.  O curso realizarase preferentemente en fins de semana e en horario de mañá e tarde. O lugar e data concreta de cada edición anunciarase con suficiente antelación. Máis información e inscripcións nas oficinas municipais e na biblioteca.

Mes do puzzle

Imagen
Marzo é o mes do puzzle na biblioteca. Xa rematamos o primeiro, de 1000 pezas:     E agora comezamos o segundo:

Competencias clave

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, nas seguintes competencias clave: Comunicación en lingua galega. Comunicación en lingua castelá. Comunicación en lingua estranxeira (inglés). Competencia matemática. O prazo para inscribirse remata o 2 de abril . As probas dos dous niveis serán o sábado día 21 de maio de 2016 O lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra). Toda a información está publicada en http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave  onde tamén podes atopar os exames das convocatorias anteriores.

Cea do Dia da Muller

Imagen
A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  organiza unha cea co fin de festexar o día  da Muller. DATA: sábado 2 de Abril  HORA: Ás  22:00 horas. LOCAL: Restaurante Alto do Couso PREZO: Socias 15 € e non socias 20 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2016) Anótate antes do 31 de Marzo , chamando ó teléfono do Concello: 988 29 00 00 (preguntar por Angeles), na biblioteca ou falando con Noemí ou Chus. Haberá  agasallo para tódalas asistentes ¡¡ XA SABES NON TE QUEDES PARADA E PARTICIPA !! FAITE SOCIA. ESPERÁMOSTE

Iniciativa Xove

Xa está en marcha a convocatoria 2016 do programa Iniciativa Xove,  da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Iniciativa Xove consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas, poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade. Máis información en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

Dia Internacional da Muller

Imagen
Pola celebración o 8 de marzo do Dia da Intenacional da Muller , na biblioteca imos facer un mural con notas de papel coas mensaxes, imaxes, debuxos, etc dos usuarios da biblioteca homenaxeando á muller en xeral, ou a unha en concreto (veciña, nai, escritora, deportista, etc). Se non podedes pasar pola biblioteca, pero queredes participar nesta actividade, podedes facernos chegar a través do Facebook , do Twitter ou do correo electrónico (esgostelecentro@gmail.com) a mensaxe que queredes engadir.

Comeza o taller de exercitación da memoria

Imagen
Hoxe comezamos unha nova edición do taller EXERCITACIÓN DA MEMORIA, que se impartirá os xoves ás 18:15 horas no local social de O Pinto.  Esta actividade é gratuita e está dirixida a todos os veciños e veciñas sen límite de idade, e ainda estás a tempo de participar.