Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

Pechamos durante o Nadal

A biblioteca permanecerá pechada ao publico dende o 23 de decembro ao 7 de xaneiro. Desculpen as molestias.

Manualidades de Nadal

Imagen
A semana pasada adicámola a elaborar adornos navideños a partir de difentes materiais e reutilizando adornos cedidos por algunhas veciñas. Estrelas a partir de material de embalaxe Bonecos de neve a partir de tacos de poliestireno Coronas navideñas reutilizando cintas, bolas e piña

Actividades do Nadal

Imagen
XX CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 27 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data. CONCERTO DE NADAL Actuación da escola e Banda de Gaitas do Concello e das Pandereteiras de Rocas. Domingo 22 de decembro ás 17:30h no Centro Cultural Parada Justel. PAZOLANDIA Xoves 26 de decembro Imprescindible anotarse no Concello antes do 23. Esta actividade é gratuita para os empadroados e ten un custe de 3€ para os non empadroados VISITA DOS REIS MAGOS O domingo 5 de xaneiro ás 12:00h no Centro Cultural Parada Justel os Reis Magos entregarán os premios do XX Concurso de Postais.

Obradoiro de adornos de Nadal

Imagen
Xa sabedes que na biblioteca gústanos reciclar, reutilizar e non malgastar e tamén sabedes que nos gustan moitooooo os nosos pobos, así que por iso se nos ocurríu facer este obrardoiro de adornos de Nadal. 1. Durante estes primeiros días da semana recolleremos adornos de Nadal que xa non usedes (bolas, cintas, estrelas, lazos, árbores...) 2. O xoves e o venres elaboraremos cos nenos novos adornos cos materiais recollidos. 3. Regalaremos os adornos. Sirvan como exemplo estes dous adornos: Boneco de neve feito con: 1 taco dun palet, gorro e bufanda prestada por un neno e goma eva. Está colocado na biblioteca Adornos na barandilla da fonte de Pazos (Esgos), feitos con: ramas de piñeiro recollidas na marxe dos camiños, lazo feito con recheo de embalaxe e bola dourada (falta poñer máis bolas)

Recollida de adornos do Nadal

Imagen
Seguro que tedes na casa adornos do Nadal que xa non usades (bolas, lazos, estrelas, cintas, piñeiros ...), pois chegou a hora de darlles un novo uso: Entrégaos na biblioteca antes do 13 de decembro e co material recollido elaboraremos cos nenos novos adornos.

Llaveros pola igualdade

Imagen
O pasado sábado unhas 30 mulleres de moi diferentes idades participaron no obradoiro de autodefensa feminista organizado polos Servizos Sociais do Concello de Esgos, dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Este obradoiro forma parte das actividades por mor do Día Internacional pola eliminiación da Violencia contra a Muller e como "recordatorio", ao remate entregouse a cada unha das participantes un llavero, que nos parece moi orixinal.