Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

Horario de Nadal

Dende o martes 26 de decembro ao xoves 4 de xaneiro a biblioteca estará aberta só en horario de mañá, de 11 a 14 horas

Doazón de sangue

Imagen
O mércores 20 de decembro a unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará situada ó carón do centro de saúde de Esgos entre as 12:30 e as 14:00 horas. O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos... Desde 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto. Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Novidades de GaliciaLe

A plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas ( GaliciaLe ) incorpora as seguintes novidades: Catálogo do Libro Electrónico Galego​​ Incorporáronse novos títulos en galego. Podedes ver unha selección no carrusel "Destacados" da páxina principal ( https://catalogo.galiciale.gal/ ). Catálogo do Libro Electrónico en Castelán - Incorporáronse novos libros en castelán. Podedes visualizar unha selección dos mesmos nos carruseis de "Novidades", "Recomendados" e "Infantil e xuvenil" da páxina de inicio ( http://galicia.ebiblio.es/opac/​ ) - Dende hai uns días están dispoñibles 31 revistas ás que se pode acceder dende o menú da esquerda (para as materias), na categoría "Revistas" que ofrece unha listaxe de todas elas ou directamente en  http://galicia.ebiblio.es/opac/#resultados . Algunhas das revistas son: National Geographic, CocinaDiez, Muy interesante, Saber Vivir, El Jueves, Semana, Autofácil, Emprendedore

Programa de actividades do Nadal

Imagen
II TORNEO DE NADAL DE XADREZ “PARADA JUSTEL” Centro cultural Parada Justel Sábado 16 de decembro ás 17:30h CONCERTO DE NADAL DA ESCOLA E BANDA DE GAITAS DO CONCELLO  Actuación da banda e a escola de gaitas no centro Cultural Parada Justel. Domingo 17 de decembro ás 18:00h CONCERTO DE "OS DO FUELLE" Centro Residencial Tercera Edad Esgos. Martes 19 de decembro ás 19:00h CONCERTO DE NADAL Actuación de “TRIO AURIA” na igrexa de Esgos Domingo 24 de decembro ás 13:00h PAZOLANDIA Imprescindible anotarse no concello antes do 23 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados Martes 27 de decembro XVIII CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 29 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data. Todos os participantes terán un agasallo. VISITA DOS REIS MAGOS Os Reis Magos entregarán os

EsquiOU 2018

O programa ESQUIOU da Deputación de Ourense ofrece un completo programa de actividades na Estación de Montaña Manzaneda. Este programa inclúe: aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias Destinatarios: nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro 2006 e o 31 de decembro de 2009 na provincia de Ourense. Toda a información pode consultarse en: http://www.depourense.es/images/institucional/esquiOU/ESQUIOU_2018.pdf Formulario de solicitude: http://www.depourense.es/images/institucional/esquiOU/FORMULARIO_ESQUIOU.pdf

II Torneo Nadal Parada Justel de xadrez

Imagen
Data: sábado 16 de decembro Horario: A partir das 17:00 horas Inscricións: Ata o 14 de decembro no correo electrónico benchoshey@hotmail.com ou no teléfono 657645380 indicando nome completo, clube e categoría.

Ponte festiva

O 7 de decembro a biblioteca estará pechada. Pasádeo ben nesta ponte festiva!!! Agardámosvos o luns!