Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Imagen
A partir de hoxe 31 de xaneiro a Rede de Bibliotecas de Galicia estrea nova imaxe e novos servizos: 1. Nova imaxe corporativa da Rede de Bibliotecas de Galicia: 2. Nova web da Rede de Bibliotecas:  https://rbgalicia.xunta.gal/es 3. Novo deseño do carné único da rede. Os carnés que tedes poden seguir usándose, pero os que se impriman a partir de hoxe levarán este novo diseño: 4. Carné dixital Todos os carnés terán a súa versión dixital e poderán descargarse no móbil.  Os usuarios que tedes carné da biblioteca, xa tedes automáticamente o carné dixital. Máis información sobre o carné da biblioteca en  eiquí 5. Aplicación móbil da Rede de Bibliotecas de Galicia Poderás descargar no teu móbil a app da Rede de Bibliotecas de Galicia dende onde poderás reservar libros, renovar préstamos e levar sempre o teu carné dixital entre outros moitos servizos. Máis información sobre a nova app eiquí 6. GaliciaLe+

Axudas para a obtención do permiso de conducir

Imagen
A Xunta de Galicia convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade. Importe das axudas: 400 € para o carné B 650 € para o Carné C 1.300 € para o carné D Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude: - Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31. - Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano. - Non estar traballando por conta propia nin allea. - Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude. Prazo e forma de presentación: As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anteriori

Tarxeta Xente Nova

Imagen
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que te permite realizar viaxes interurbanas gratuítas en toda Galicia!  Ampliase o prazo para utilizala a todo o ano 2024. Quen a pode utilizar?  Mozos e mozas de entre 4 e 20 anos. Cando cumpras 21 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo. En que liñas de transporte se pode usar?  Os/as menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino.  Como conseguila? Solicita cita nesta páxina: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn Ao facilitar os datos xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada. Unha vez alí, só necesitarán o teu DNI.  A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes. Hai que car

Aberto o prazo de solicitude para as competencias clave

Imagen
A Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego. As probas de avaliación das competencias clave realízanse normalmente en xuño no Recinto Feiral de Silleda. A superación destas probas permite ás persoas que no posúen os requisitos formativos necesarios, acceder aos certificados de profesionalidade.  Que son as competencias clave? As competencias clave son un conxunto de capacidades e contidos xerais ou básicos que aseguren a formación mínima necesaria para cursar con aproveitamento os módulos dos certificados de profesionalidade, co fin último de fomentar a calidade e a integración da formación profesional para o emprego. As competencias clave convocadas son: Comunicación en lingua galega. Comunicación en lingua

Curso de trámites por internet

Imagen
Poñemos en marcha un novo curso de trámites por internet no que a través de mini obraoiros aprenderás a sacar o máximo partido ao teu móbil.  O curso impartirase na biblioteca en varias sesións, cada día adicado a unha xestión concreta: pedir cita para o médico, pedir cita para a ITV ou para renovar o DNI, correo electrónico e redes socias.  Comezaremos o xoves 8 de febreiro cun mini obradoiro sobre a aplicación do Sergas no que aprenderemos a instalar a aplicación, rexistrarnos como pacientes, pedir cita... Ademáis de usando o móbil tamén aprenderemos a facer o mesmo dende o ordenador. Inscricións e máis información na biblioteca. Prazas limitadas.

Charlas sobre consumo

Imagen
O Instituto Galego de Consumo e da Competencia impartirá dúas charlas en Esgos para achegar á poboación información e asesoramento en materia de consumo. Como persoas consumidoras e usuarias de produtos e servicios de todo tipo enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas. Coñecer os nosos dereitos, reduce os riscos de vulnerabilidade e alenta ás consumidoras e consumidores a un consumo máis responsable, consciente e sustentable. Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas,.. 18 de xaneiro de 2024 ás 17:30h na Biblioteca Municipal Consumo responsable e decisións de compra: prezos, etiquetado... 30 de xaneiro de 2024 ás 17:30h na Biblioteca Municipal

Concurso de postais e Reis Magos

Imagen
Hoxe recibimos no Centro Cultural Parada Justel a visita dos Reis Magos e aproveitamos a ocasión para entregar os premios do XXIV Concurso de Postais de Nadal. Comezou o acto coa proxección dun vídeo sobre as actividades levadas a cabo polo concello nas que participaron os máis pequenos da casa: campamento de verán, contacontos, entroido... A continuación recibimos aos Reis Magos que atenderon as peticións dos nenos e entregaron caramelos e para finalizar entregamos os precios do concurso. AVISO: A rapazada que participou no concurso de postais e non asistiu ao acto de entrega de premios poderá pasar pola biblioteca a recoller o seu agasallo.