Tarxeta Xente Nova


A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que te permite realizar viaxes interurbanas gratuítas en toda Galicia! 

Ampliase o prazo para utilizala a todo o ano 2024.




Quen a pode utilizar? 

Mozos e mozas de entre 4 e 20 anos. Cando cumpras 21 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.


En que liñas de transporte se pode usar? 

Os/as menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino. 


Como conseguila?

Solicita cita nesta páxina: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn

Ao facilitar os datos xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.

Unha vez alí, só necesitarán o teu DNI. 

A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.

Hai que cargar a tarxeta antes de poder viaxar con ela.


Como recargala?

En todas as oficinas e caixeiros de Abanca.

En efectivo ou con tarxeta de dédito de Abanca. Con tarxetas de crédito ou doutras entidades poden existir comisións bancarias.

Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca: podes recargala desde o móbil ou o ordenador, e introducila en calquera caixeiro Abanca para que a carga se faga efectiva.


Como viaxar con ela?

Para recibir a túa bonificación só deberás introducir a tarxeta en calquera caixeiro Abanca e automaticamente recibirás o aboamento das viaxes realizadas.

Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.

O importe dos reembolsos cargaranse segundo a tarifa aplicada en cada momento.


Se queres aclarar algunha dúbida podes facelo no enderezo tmg@xunta.gal ou no teléfono 988 687 800 ou en https://www.bus.gal/gl/xente-nova

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo