Escape room na biblioteca
Para celebrar o Día das Letras Galegas propoñemos unha actividade moi divertida para a rapazada (maiores de 10 anos): "Escape room os misterios da biblioteca"
Plantexarémosvos unha situación de partida e teredes que ir descubrindo mediante o inxenio e cooperación formas de avanzar solucionar acertixos, claves, enigmas... para descubrir os misterios que agocha a biblioteca e poder saír da mesma antes de 60 minutos.
Inscríbete na biblioteca! Agardámosvos o venres 30 de maio ás 18:00 horas.
A biblioteca estará pechada este día por mor desta actividade!
Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Xunta de Galicia para as bibliotecas.
Comentarios
Publicar un comentario