Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Decoración do Samaín

Imagen
Comezamos a decorar a biblioteca para o Samaín... Lembrade que o venres 29 celebraremos o noso particular Samaín , co percorrido polas casas e a visita á residencia de maiores de Esgos.

Aniversario da revista "Nós"

Imagen
O 30 de outubro do ano 1920 saía á luz en Ourense o primeiro número da revista Nós. Esta publicación, escrita en galego, foi promovida por intelectuais clave da historia de Galicia, integrantes do Grupo Nós: Vicente Risco como director, Daniel Alfonso R. Castelao como director artístico, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Antón Losada Diéguez, entre outros. Os seus impulsores procuraron a través das páxinas da revista difundir e dignificar a realidade cultural de Galicia e da lingua galega. O seu compromiso co idioma lévaos a utilizar o galego para tratar diversos temas de actualidade, máis alá do ámbito literario e para a publicidade das súas páxinas, con deseños elaborados polos propios membros da publicación. Os números da revista están dispoñibles para a súa consulta na biblioteca nun recopilatorio e tamén poden consultarse online en  https://revistanos.galiciana.gal/es

Taller de reciclaxe de latas

Imagen
O Concello de Esgos organiza un taller de reciclaxe de latas para promover o empoderamento da muller a través da creatividade. Nestes talleres, ademais de practicar técnicas coma o decoupage aproveitaremos para coñecer a nosa historia. 28 de outubro ás 16:30h 4 de novembro ás 16:30h 24 de novembro ás 10:30 h. Totalmente recomendable! Animádevos a participar!

Samaín 2021

Imagen
  🎃🎃 O venres 29 de outubro voltamos a celebrar o SAMAIN co percorrido dos nenos e nenas polas casas dos veciños. 🎃🎃 Para participar é imprescindible: 1. Inscribir aos nenos e nenas na biblioteca antes do mércores 27. 2. Colaborar coa organización ou con algún dos veciños que nos abren as súas casas.

Os segredos de Teresa

Imagen
Os segredos de Teresa , ambientada en San Pedro de Rocas, xa está dispoñible na biblioteca. Trátase da primeira novela de Oscar Guzmán, que traballa nunha brigada de zonas verdes da Deputación. Tralo confinamento, atopou a inspiración traballando no entorno de San Pedro de Rocas e pouco a pouco lle deu forma ata culminar nesta novela de intriga. Na páxina web da novela onde atoparedes vídeos, información, música da novela e outros elementos que farán a lectura máis amena. 

Cine polo día da muller rural

Imagen
´Tarde de cine para conmemorar o día da Muller Rural. Domingo 17 de outubro ás 18:00h Centro cultural Parada Justel Entrada de balde.

Actividades da Asociación de mulleres

A asociación de mulleres "Os Picotiños" retoma os cursos, que comezarán o 18 de outubro. Ximnasia de mantemento: luns e mércores de 16:30 a 17:30 h GAP: martes de 20:30 a 21:30h Ioga: xoves de 20:30 a 21:30h Pandeireta: xoves de 18:00 a 19:30h