Aniversario da revista "Nós"


O 30 de outubro do ano 1920 saía á luz en Ourense o primeiro número da revista Nós.

Esta publicación, escrita en galego, foi promovida por intelectuais clave da historia de Galicia, integrantes do Grupo Nós: Vicente Risco como director, Daniel Alfonso R. Castelao como director artístico, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Antón Losada Diéguez, entre outros.

Os seus impulsores procuraron a través das páxinas da revista difundir e dignificar a realidade cultural de Galicia e da lingua galega.

O seu compromiso co idioma lévaos a utilizar o galego para tratar diversos temas de actualidade, máis alá do ámbito literario e para a publicidade das súas páxinas, con deseños elaborados polos propios membros da publicación.

Os números da revista están dispoñibles para a súa consulta na biblioteca nun recopilatorio e tamén poden consultarse online en https://revistanos.galiciana.gal/es

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo