Entradas

Mostrando entradas de julio, 2018

Segunda quenda do campamento urbano

Imagen
A segunda quenda do campamento de verán deu para moito, entre outras cousas: Xogamos ás sillas, co paracaídas, ao brilé, salto á comba... Cantamos no karaoke,  Celebramos cumpreanos Visitamos o autobús da doazón de sangue Facemos macetas con pasta de modelar Cociñamos madalenas Aprendemos primeiros auxilios coa Cruz Vermella Celebramos o dia dos avós na residencia de maiores

Concerto - Romería: LUAR NA LUBRE

Imagen
Domingo 19 de agosto na finca da rectoral de Esgos. Dende as 12 da mañá: ruada, xogos tradicionais para nenos, feira de artesanía, exposición de olería e postos de comida. Ás 20:30 horas concerto especial de Luar na Lubre con convidados.

Primeira quenda do campamento de verán

Imagen
Rematamos a primeira quenda do campamento de verán "NaturEsgos". Durante estas duas semanas realizamos actividades moi diversas: Xogos (paracaídas, brilé, pañuelo...) Manualidades: pancarta da natureza, as iniciais do noso nome, prismáticos con rollos de papel, xeados con globos, pintura de follas, etc Andaina polo camiño real e outra ata o pobo de Regueiro Piscina Lectura

Doazón de sangue

Imagen
O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue. Data: Xoves, 27 de xullo Horario: De 10:30 a 12:00 horas Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

Compostaxe doméstico

Imagen
1ª CAMPAÑA PROVINCIAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO da DEPUTACIÓN DE OURENSE ¿Queres aproveitar os residuos orgánicos para facer compos? Se vives no Concello de Esgos e non participaches en campañas anteriores, podes participar nesta e recibirás un composteiro e un manual de compostaxe doméstica. Os interesados só terán que cubrir un pequeno formulario que atoparán nas dependencias municipais.