Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

Apertura da nova biblioteca

Imagen
O venres 27 de outubro ás 17:30 h abriremos a nova biblioteca só para as usuarias e usuarios menores de 16 anos. Trátase dunha apertura especial só para rapaces e rapazas , para que coñezan as instalacións antes ca os adultos. O luns 30 e o martes 31 de outubro a biblioteca permanecerá pechada polos preparativos e a festa do Samaín. (Estaremos na biblioteca "vella") O xoves día 2 de novembro: APERTURA DA NOVA BIBLIOTECA.

Trasladámonos!

Imagen
O  luns 24 de outubro, coincidindo co "Día das Bibliotecas" comezamos o traslado á NOVA BIBLIOTECA. O cambio levaranos varios días e para axilizar, a biblioteca estará pechada ao público. Seguiremos atendéndovos para préstamos ou devolucións con cita previa solicitada a través do correo biblioesgos@gmail.com Ademais de edificio, mobiliario... tamén estreamos logotipo. Agardamos que vos guste!

Samaín 2023

Imagen
O martes 31 de outubro celebraremos un ano máis o Samaín cun percorrido da rapazada polas casas dos veciños. Para asistir é imprescindible inscribirse na biblioteca a partir do luns 16 e ata o venres 27, onde xa se explicarán as condicións de participación.

Normas para os préstamos da biblioteca

Aclaracións respecto ao préstamo de libros na biblioteca: PRÉSTAMOS É imprescindible presentar o carné para facer o préstamo Os libros préstanse para 3 semanas (21 días). Un usuario pode ter como máximo 3 libros en préstamo por biblioteca.  RENOVACIÓNS Os préstamos poden renovarse por 2 semanas máis unha vez transcorridos 6 días dende o préstamo e ata a súa caducidade, a través da conta persoal no catálogo ou na biblioteca.  RESERVAS Se o libro que se quere levar está prestado, pode facerse unha reserva.  Non se poden facer reservas de materiais que estean dispoñibles.  A reserva pode facerse a través da conta persoal no catálogo ou na biblioteca.  O prazo para recoller as reservas será de 3 días hábiles desde que a persoa usuaria é avisada. Se a persoa non recolle o documento nese prazo, a reserva quedará anulada.  DEVOLUCIÓNS Na biblioteca ou nas oficinas municipais fóra do horario da biblioteca. SANCIÓNS Por incumprimento de prazos de préstamo:  1 día sen poder levar ningún materia

Book folding

Imagen
Dentro das actividades da biblioteca municipal a través do programa "ler conta moito" hoxe aprendemos a técnica do "book folding" para transformar libros vellos en esculturas. Agora que aprendemos as nocións básicas só falta poñelas en práctica. Empezaremos por facer corazóns que é o máis sinxelo😉) Esperamos que para a próxima vez se apunte algún mozo ou algún home que sabemos que os hai moi mañosos.

Comezo do curso de gaita e percusión

Imagen
  O vindeiro sábado 7 de setembro ás 16:00 horas terá lugar unha reunión no local de ensaio situado na Praza da Souteira (Esgos) para dar inicio ao novo curso de gaita e percusión.