Normas para os préstamos da biblioteca

Aclaracións respecto ao préstamo de libros na biblioteca:

PRÉSTAMOS

  • É imprescindible presentar o carné para facer o préstamo
  • Os libros préstanse para 3 semanas (21 días).
  • Un usuario pode ter como máximo 3 libros en préstamo por biblioteca. 

RENOVACIÓNS

  • Os préstamos poden renovarse por 2 semanas máis unha vez transcorridos 6 días dende o préstamo e ata a súa caducidade, a través da conta persoal no catálogo ou na biblioteca. 
RESERVAS
  • Se o libro que se quere levar está prestado, pode facerse unha reserva. 
  • Non se poden facer reservas de materiais que estean dispoñibles. 
  • A reserva pode facerse a través da conta persoal no catálogo ou na biblioteca. 
  • O prazo para recoller as reservas será de 3 días hábiles desde que a persoa usuaria é avisada. Se a persoa non recolle o documento nese prazo, a reserva quedará anulada. 
DEVOLUCIÓNS
  • Na biblioteca ou nas oficinas municipais fóra do horario da biblioteca.
SANCIÓNS
  • Por incumprimento de prazos de préstamo: 
1 día sen poder levar ningún material en préstamo por día e documento atrasado.
  • Documento non devolto: 
O carné quedará bloqueado permanentemente e non poderá levar ningún material en préstamo en ningunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  • Por deterioración ou perda: 
Se un usuario/a tenta devolver un material deteriorado ou o perdeu, a biblioteca non aceptará a devolución e o seu carné quedará bloqueado. Para volver a facer uso del terá dúas opcións: 
 a) reparar o material; 
 b) repoñelo por outro igual. Se non estivera dispoñible no mercado, o persoal técnico da biblioteca solicitaralle outro material de similares características e prezo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo