Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2015

Fin do curso de informática

Imagen
Hoxe rematamos os clases de informática para maiores que se viñan impartindo desde finais do mes de xaneiro os luns e os mércores pola tarde. E para celebralo tomamos tarta, ainda que non estabamos todos!! As nenas que andaban enredando fóra, tampouco quixeron perder a celebración e por suposto, a tarta. Gracias a todos por asistir a este curso, no que espero, que aprendérades moito!!

Fotos de "Os Bolechas"

Imagen
Os Bolechas estiveron hoxe co seu autobús no mosteiro de San Pedro de Rocas para presentar "Os Bolechas van a Ourense", a nova proposta infantil da Deputacion de Ourense para dar a coñecer ás nenas e nenos da provincia a riqueza da súa terra. Os nenos e nenas que asistiron puideron desfrutar dos videos, cantigas e demais actividades que inclúen esta campaña, e recibiron como agasallo un exemplar de "Os Bolechas van a Ourense". Todas as fotos poden verse no facebook de Concello Esgos  e tamén está dispoñile un video de Telemiño .

Os bolechas visitarán San Pedro de Rocas

Imagen
Os Bolechas estarán este domingo, 29 de marzo ás 12:00 horas, no mosteiro de San Pedro de Rocas para presentar a nova iniciativa da Deputación de Ourense para dar a coñecer a provincia entre os máis novos. http://www.osbolechas.com/novas.php?id=190

Campaña de verán 2015

Xa están convocados os campamentos 2015 así como a oferta das instalacións xuvenís. Campaña de Verán: http://xuventude.xunta.es/2015032415694/campana-de-veran-2015.html Oferta concertada: http://xuventude.xunta.es/2015032415695/oferta-concertada-de-uso-das-instalacion-xuvenis-na-campana-de-veran-2015.html Ata o 8 de abril poden pedirse as prazas.

Fotos do dia da árbore

Imagen
Onte, despois de merendar, plantamos unha camelia e un limpiatubos para celebrar o dia da árbore.

Tear maia na biblioteca

Imagen
Onte un grupo de mulleres que participaron no curso de tecido con tear que organizou o ano pasado a asociación de mulleres "Os Picotiños", reuníronse na biblioteca para compartir coñecementos, dúbidas, etc. Ó rematar, algunhos dos "pequenos" tamén se animou a aprender: Gracias Lorena por compartir con nós os teus coñecementos!

Xornada informativa sobre comprensión da factura eléctrica.

Imagen
DATA E HORA: Mércores 25 de Marzo ás 18:30 horas LUGAR: Centro Cultural Parada Justel (Esgos) TEMAS A TRATAR:     1.-Conceptos básicos da electricidade e seguridade     2.-Aparatos de control (contador, icp, iga, pia, id)     3.-Compañías eléctricas distribuidoras e comercializadoras     4.-Asesores enerxéticos e instaladores eléctricos autorizados     5.-Estructura, comprensión e revisión da factura eléctrica     6.-Entender e comparar ofertas tomando boas decisións ¿precio fixo ou variable? ¿mercado libre ou mercado regulado (pvpc)? ¿que potencia e tarifa debo contratar?     7.-Medidas de aforro sen coste económico     8.- Preguntas

Dia da árbore

Imagen
O xoves 19 de marzo pola tarde celebraremos o DIA DA ARBORE cunha merenda e unha pequeña plantación de árbores. Ademais, durante esta semana na biblioteca recomendaremos a lectura de obras sobre as árbores . Os nenos e nenas que queiran participar deberán comunicalo previamente na biblioteca .

Tecido con tear na biblioteca

Imagen
O vindeiro mércores un grupo de mulleres que participaron no curso de tecido con tear que organizou o ano pasado a asociación de mulleres "Os Picotiños", reuniránse na biblioteca para compartir coñecementos, dúbidas, etc. A idea surxiu dos comentarios e dúbidas que se plantexaban entre elas na biblioteca, que moitas veces se converte en centro de reunión. Así os libros e os ordenadores deixarán espazo para os teares e as las.

OurenseIccWeek no mosteiro de San Pedro de Rocas

A Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense , é un encontro que se celebrará, en diferentes cidades e vilas da provincia de Ourense, entre os días 23 e 28 de Marzo do 2015. ICCWEEK é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: Radio, Cine, Tv, Industria Músical, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Video- xogos. Entre os relatorios, charlas, entrevistas, showcasesas queremos destacar as que se celebrarán no Mosteiro de San Pedro de Rocas o mércores 25: MAÑÁ Videocreación. Novos formatos tecnolóxicos para a expresión artística Óscar Testón Udaondo -  Fundador VJSPAIN Eloy Maduell -  Paymodes Studio Juanjo Fernández - Gnomalab Cristina de Silva - fundador Fium Ignacio de la Vega - fundador Fium TARDE O ecosistema das Novas Tecnoloxías: Apps, Video-xogos, novas tendencias José Manuel Louro - cofundador de RLS Group & miembro DEV Francisco Javier Rodríguez -Cofundador Ralight & miembro DEV Oriol Rosell - desenvolvedor de Apps, (Conductr) Ableton Gilbe

Cea do dia da muller

Imagen
O pasado sábado as mulleres rurais celebraron o dia da muller cunha cea no restaurante do Castelo Maceda. Ó rematar, cantaron e bailaron ó ritmo do acordeón da presidenta da asociación.

Dia da muller traballadora na biblioteca

Imagen
Os nenos e nenas que acudiron hoxe a biblioteca fixeron imáns para a nevera para regalarlle as súas nais e avoas. En papel imantado debuxaron temas relacionados coas suas profesións.