O Concello de Esgos propónnos unha actividade de pintura para realizar en familia o sábado 24 de maio. A actividade consiste en pintar en lenzo por parellas: nai con fillo, pai con filla, tío con sobriña, avoa con neto, irmá con irmán, etc. Ti elixes a parella e nós poñemos o resto! Para que a actividade se poida levar a cabo necesítase un mínimo de participantes así que non o dubides e inscríbete o antes posible na biblioteca municipal. (O horario está pendente de confirmar para adaptarnos na medida do posible ás vosas necesidades)
Para celebrar o Día das Letras Galegas organizamos o obradoiro "Unha viaxe creativa polas estacións do ano". Xoves 16 de maio ás 18:30h na biblioteca municipal. A academia As Curuxas- aula das ciencias de Allariz desprazarase á nosa biblioteca para impartir este obradoiro, no que se realizarán obxectos decorativos con materiais de refugallo que os participantes poderán levar para casa: - Maceta humanizada con materiais de refugallo - Folla de macramé con fíos de algodón Para participar é necesario inscribirse na biblioteca, xa que as prazas son limitadas. Este obradoiro forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
O xoves 31 de outubro celebraremos un ano máis o Samaín cun percorrido da rapazada polas casas dos veciños. Para asistir é imprescindible inscribirse na biblioteca antes do martes 29 de outubro, onde xa se explicarán as condicións de participación. Debido a esta actividade a biblioteca estará pechada o xoves 31 de outubro
Comentarios
Publicar un comentario