Samaín



  • OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE CABAZAS
📅 Venres 23 de outubro ás 18:00 h na biblioteca
Para participar é necesario inscribirse previamente na Biblioteca antes do mércores 21 de outubro.

  • PERCORRIDO POLAS CASAS
📅 Venres 30 de outubro ás 17:30 h
Percorreremos as rúas visitando as casas dos veciños e das veciñas, nunha tradición que combina diversión, misterio e… un pouquiño de medo!
Para participar, é necesario inscribirse na Biblioteca antes do martes 27 de outubro, onde se explicarán todas as condicións do percorrido.

  • 🧟‍♀️ MANICOMIO ESGOS (CASA DO TERROR)
📅 Venres 30 de outubro de 18:30 a 20:30 h no Centro Cultural Parada Justel
O “Manicomio Esgos” abrirá as súas portas para recibir a todas aquelas persoas que se atrevan a entrar…
Para todos os públicos. Non é necesario inscribirse. O acceso será por orde de chegada.


Maneiras de inscribirse:
  • Presencialmente na biblioteca
  • Por whatsapp á biblioteca: 607494439
  • Por teléfono: 988482684 (biblioteca)
  • Por correo electrónico a biblioesgos@gmail.com
Agradecemos de antemán a participación da veciñanza, tanto aos que abren as súas casas para o reparto de doces coma os que decoran as súas fachadas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Invitacións para Funtastik