Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

Acción de verán

Imagen
'Acción de Verán' é un programa de actividades de lecer e de voluntariado que ten lugar durante os meses de xullo e agosto.  Está dirixido a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.  Pódese consultar toda a información en:  http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

VI andaina e VI Subida Rocas - O Eirado

Imagen
O domingo 10 de xuño disputarase en Esgos a carreira de montaña "VI Subida Rocas- O Eirado". A carreira, de 13 km, seguirá o mesmo percorrido ca en anos anteriores. A andaina (20 km) sairá de Esgos e pasará pola Meiroá, o mosteiro de San Pedro de Rocas, Arcos, Virxe do Monte, Pensos, Fondo de Vila, Casanova, Rebolar, Melón e rematará en Esgos. Pode consultarse toda a información en:  http://www.concelloesgos.com/index.php?id=165 .

17 de maio: dia de...

O xoves, 17 de maio celébrase o Dia das Letras Galegas , adicado este ano a Valentín Paz Andrade,  e tamén o Dia de Internet . Dende a aquí queremos invitarvos a que o celebredes con nós: pásate pola biblioteca a ler, navegar por internet, xogar, etc. Agardámoste!!

Fotos das clases de aerobic

Imagen
A Asociación de Veciños Rocas está a impartir clases de aerobic para todos aqueles veciños que queiran practicar deporte. As clases son os martes e xoves de 21 a 22 horas no local social de Vilar.  Se queres participar aínda estás a tempo, anímate!!!