Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

Xa están listos os "marcalibros"

Imagen
Para celebrar o dia do libro este ano, pensamos que sería boa idea facer algo para manter a orde na biblioteca. Así que ocurriusenos facer con cartón pluma uns "marcalibros". A idea consiste en que cando collamos un libro para leelo o velo na biblioteca, deixemos no seu lugar o "marcalibros" e así xa sabemos onde temos que volver a colocalo. Eiquí podedes ver algunhos dos "marcalibros" que estivemos coloreando: E como os usamos nas estanterías:

Marcalibros para celebrar o dia do libro

Imagen
O luns 24 de abril celebraremos o dia do libro facendo unha manualidade baixo o lema “na biblioteca un libro descolocado é un libro perdido”. Todos os libros da biblioteca están catalogados, é dicir, están rexistrados e ordenados. Cando se fai uso deles deben colocarse no seu lugar, así que para manter a orde, imos facer os nosos propios marcalibros. Si, si,  marcalibros, para que cada vez que collamos un libro da estantería saibamos onde o temos que volver a colocar. IMPORTANTE: Para participar nesta actividade é impresincible inscribirse na biblioteca antes do venres 21 de abril.

Campaña de verán

Imagen
Xa está en marcha a "Campaña de Verán" da Xunta de Galicia dirixida a nenos/as e mozos/as a través de: campamentos para menores de 18 anos, actividades para maiores de 18 anos, campamentos noutras comunidades autónomas, campos de traballo... Toda a información está dispoñible en:  http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Carpa informativa sobre a reciclaxe

Imagen
A campaña "Oportunidades para reciclar" de Sogama instalará en Esgos unha carpa informativa sobre a reciclaxe. Data: luns 17 de abril Lugar: Praza da Souteira  Horario: 10:30 – 13:30 h  Esta campaña busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

Contos sobre os alimentos

Imagen
Hoxe celebramos o dia Internacional  do libro infantil e xuvenil na biblioteca de Esgos da man de Galeteatro cos contos "Comechíns, segundo prato". A pesar das altas temperaturas, casi 30 nenos e nenas se achegaron á biblioteca. Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito