Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

Taller de exercitación da memoria

Imagen
O xoves 3 marzo comezamos unha nova edición do taller EXERCITACIÓN DA MEMORIA, que se impartirá os xoves ás 18:15 horas no local social de O Pinto. Esta actividade é gratuita e está dirixida a todos os veciños e veciñas sen límite de idade.

Premios do concurso de entroido

Imagen
Premios especial carrozas e grupos numerosos: 1º clasificado: 100 € + Xamón 2º clasificado: 80 € + Cachucha 3º clasificado: 70 € + Lacón Premios Individuais: 1º individual adultos: 40 € 2º individual adultos: 20 € 1º individual Infantil: 40 € 2º individual Infantil: 20 € Grupos reducidos 1º premio: 60 € 2º premio: 40 € 3º premio: 20 €

Cambio de horario da biblioteca durante o entroido

O luns e o martes de entroido a biblioteca estará aberta ó público pola mañá no canto de pola tarde. O horario para estes dous días será de 11:00 a 14:00 horas. O mércores voltaremos ó horario de costume.

Festival Pórtico do Paraíso

Imagen
Dentro do festival musical Pórtico do Paraíso poderemos desfrutar no mosteiro de San Pedro de Rocas do concerto de Emilio Villalba e Sara Marina o sábado 5 de marzo, ás 17:00, ás 18:00 e ás 19:00 horas. Debido ó  aforo limitado (máximo de 40 personas) os veciños interesados en asistir poderán reservar plazas nas oficinas municipais.