Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

Lanzamos foguetes

Imagen
Onte coñecemos os descubrimentos de Isaac Newton e as obras de Jules Verne e aprendemos sobre as naves espaciais, a gravitación, a inercia... da man de Ciencia en Ruta no "obradoiro de foguetes" dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito. Tamén construimos foguetes e os lanzamos na praza da Souteira

Campamento de verán

Imagen
DESTINATARIOS: Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2006 e o 2014 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán. MODALIDADES - Campamento de verán - Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello. HORARIO: - Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h -Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h DATAS: - Quincena do 2 ao 13 de xullo - Quincena do 16 ao 27 de xullo - Quincena do 30 de xullo ao 10 de agosto - Quincena do 13 ao 24 de agosto Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas, indicando a orde de preferencia. Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade. PRAZO DE SOLICITUDE: Entre o 18 e o 22 de xuño de 2018 Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello. As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro

Obradoiro de foguetes

Imagen
¿Queres saber como funcionan os foguetes? ¿Queres coñecer a Jules Verne? ¿Queres construir un auténtico foguete? Pois si tes entre 6 e 12 anos agardámoste o luns 18 de xuño ás 18:00 horas na biblioteca para participar nun Obradoiro de foguetes.  Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.

Dias de traballo de campo

A biblioteca estará pechada dende hoxe mércores ata o venres, ambos incluídos, polos preparativos da andaina. O luns volveremos abrir no horario habitual. Desculpen as molestias.