Entradas

Mostrando entradas de enero, 2011

Aula xuventur

A Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa AULA XUVENTUR para os centros de ensino galegos. Poderá participar o alumnado de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º curso da educación secundaria obrigatoria (ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que non teña cumpridos os 18 anos. O programa ofrece tres alternativas de participación: Módulo I : VIVE O MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 12-16 anos e que estea cursando 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO, con aloxamento no albergue xuvenil das Sinas. Módulo II : MULTIAVENTURA NO MIÑO – (Multideporte no Miño – Multiaventura Náutica), dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao medio. Aloxamento no albergue xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín. Módulo III : PLANETA MAR, dirixido ao alumnado con idades entre os 14-17 anos que estea cursando 3.º e 4.º da ESO, 1.º de bacharelato ou 1.º ciclo de grao

Programa: A xuventude no mundo III

O prazo de inscripción para o prama de intercambio xuvenil "A Xuventude no Mundo" comeza o mércores 2 de febreiro. "A Xuventude no Mundo" é un programa de mobilidade que puxo en marcha en 2010 a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para que os mozos e mozas ( 18 a 30 anos) de Galicia coñezan outros países e rexións. Nesta terceira edición, que se prolongará ata o mes de setembro, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un total de 140 prazas en 14 intercambios con destino a 12 países, onde se abordarán diferentes temáticas de traballo: Rimini (Italia) do 21 ao 28 de febreiro. Temática: A fotografía como medio de difusión das actividades xuvenís Hungría (Holloko) do 2 ao 9 de marzo. Temática: O patrimonio cultural e natural de Hungría Cartaxena (Colombia) do 12 ao 20 de marzo Temática: Incidencia da cultura na formación da xuventude Noyan (Francia) do 21 ao 28 de marzo. Temática: Patrimonio, cultura e historia dos pobos Ceska Trebova

Ciclo "Galicia, Ceo das letras"

Imagen
"Galicia, ceo das letras" é a primeira actividade da nova etapa da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) despois da inauguración oficial da Biblioteca e o Arquivo, presidida o pasado día 11 po-los Príncipes de Asturias. A Biblioteca albergará o ciclo "Galicia, Ceo das letras" , que consta de doce xornadas literarias ou doce sábados de autor , entre xaneiro e xuño. Cada xornada estará adicada a un autor, honrando así a nove xigantes das nosas letras (Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Camilo José Cela, Martín Códax, Ramón María del Valle Inclán, Álvaro Cunqueiro, Xosé Ánxel Valente, Gonzalo Torrente Ballester e Eduardo Blanco Amor) e tamén a tres insignes veciños (Jorge Luis Borges, Fernando Pessoa e Salvador Espriu). Ademais de achegarnos á vida e obra destes escritores galegos universales da man do teatro, a música, o cine e a danza, será unha fermosa oportunidade para visitar a Cidade da Cultura de Galicia, dado que se inclúe unha visita guiada

Últimas incorporacións ao catálogo

O catálogo da biblioteca segue medrando pouco a pouco. Seguimos engadindo exemplares, os últimos son: " A esmorga ", de Eduardo Blanco Amor. Ver máis novelas " Astérix, el mal trago de Obélix ", de Uderzo y Goscinny. Ver máis cómics " Hórreos de Pontevedra ", de Borja Brun e Ana Santervás. Ver máis libros sobre arquitectura Tamén temos libros sobre: libros para nenos , biografías , galicia , poesía , teatro , religión , etc. Ler máis sobre a biblioteca .

Os Reis Magos visitan ós nenos de Esgos

Imagen
Os Reis Magos de Oriente visitaron hoxe pola mañá aos nenos de Esgos. Ás 12.00 horas foron recibidos polo alcalde no salón de plenos do concello, para despois dirixirse ao local social de Esgos onde os agardaban os nenos. Os Reis repartiron caramelos a todos os presentes e entregaron pequenos agasallos a todos os nenos. Pódense ver as fotos na galeria fotográfica