Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2013

Comic "Os perigos de Internet"

Imagen
O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet , unha historieta que pretende achegar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías e de que xeito os seus comportamentos poden chegar alterar a convivencia normal nos seus fogares. Este comic está deseñado para alertar das ameazas que poden atopar os adolescentes na rede, especialmente o ciberacoso e os perigos dos depredadores sexuais Na biblioteca municipal temos varios exemplares a disposición dos rapaces e tamén dos pais. Vídeo promocional Abrir comic "Os perigos de Internet"

Fin da tempada de verán

O domingo 15 de setembro damos por finalizada a tempada estival co peche da piscina municipal. Ata o domingo estará aberta de 15 a 20 horas. A bilbioteca tamén cambiará o seu horario e a partir do luns 16 de setembro voltará a estar aberta polas tardes de 17:30 a 20:30 horas, de luns a venres.

Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching. Librándonos do pensamento negativo

Imagen
O noso concello foi selecionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para desenvolver o "obradoiro de oratoria motivacional ou coaching, librándonos do pensamento negativo" do programa Activa 2013. Contidos: Por que morre a xente, que se perde na xungla? Librándonos do pensamento negativo. A diferenza actitudinal. O camiño do éxito. As oportunidades da crise A idade mínima de participación son os 16 anos e para a idade máxima non existe tope, pero é importante ter en conta que os maiores de 30 anos non recibirán o diploma de asistencia e participación. O obradoiro impartirase o venres  18 de outubro ás 18:00 horas no "Centro Cultural Parada Justel", en Esgos. Os interesados en participar deberán anotarse no Concello ou na biblioteca municipal o antes posible co fin de confeccionar unha lista de participantes, xa que para que se poida desenvolver este obradoiro é necesario un mínimo de asistentes. Por mor desta actividade a biblioteca municipal estará pe