Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Pequena biblioteca da muller

Imagen
  Para celebrar o dia da muller (8 de marzo) fixemos unha selección de libros da nosa biblioteca sobre a igualdade baixo o título "Pequena biblioteca da muller". Para os máis pequenos: Las princesas también se tiran pedos / Ilan Brenman  Pioneiras 2 : galegas que abriron camiño / Anair Rodríguez Azul e Rosa / Ana Pillado Vega Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes : 100 historias de mujeres extraordinarias / Elena Favilli y Francesca Cavallo Os rapaces non calcetan / Tom S. Easton  A princesa Sabela / Cornelia Funke ; ilustracións de Kerstin Meyer ; traducido por María Xesús Bello Rivas. Ola, estúpido monstro peludo! / Fina Casalderrey; ilustracións, Irene Fra. Xogamos na igualdade Nin un biquiño á forza Alfombriña Para a mocidade: O diario violeta de Carlota / Gemma Lienas  A cabeza de Medusa / Marilar Aleixandre Nano / Concha Blanco  Para adultos: Chámame señora, pero trátame coma a un señor : memoria persoal do machismo na cultura / Inma López Silva A cidade das mull

Aniversario de Rosalía de Castro

Imagen
Tal día coma hoxe de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.  Queres renderlle unha homenaxe compartindo algúns dos seus versos: Cand'era tempo d'inverno Pensaba en dond'estarias, Cand'era tempo de sol,  Pensaba en dond'andarias. jAgora!... tan soyo penso, Meu ben, si m'oividarias Na nosa biblioteca atoparás: Cantares gallegos Follas novas Escolma poética Poesía galega completa

Concurso Lingua de namorar 2021

Imagen
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia organizan unha nova edición de Lingua de namorar , un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. A iniciativa está deseñada para dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en Internet e na mensaxería instantánea.  Categorías Os participantes nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos) poden enviar as mensaxes a través do  formulario do concurso .  Para participar na nova categoría C (exclusiva para Instagram), cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega. Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco. Premios Tres premios por cada unha das categorías de idade A e B: - 1º Bicicleta eléct

Volta á medio normalidade...

Imagen
Mañá mércores volvemos a abrir ao público! Horario: de 17:15 a 20:15h Aforo do 30%

Concurso fotográfico "Sobremesas do Entroido"

Imagen
É ben certo que non hai entroido sen cocido, coa súa cachucha, lacón, chourizos… Pero que sería do entroido sen filloas, sen orellas, sen flores, sen chulas? Nestes meses que nos adicamos tanto a cociñar propoñémosvos participar no concurso de sobremesas do entroido. Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello de Esgos de maneira individual ou en grupo de conviventes. Para participar, deberase enviar a info@concelloesgos.com unha fotografía entroideira do doce elaborado na casa, coma flores, filloas, orellas, larpeiras… Na foto poden aparecer os participantes ou non. O prazo para enviar as fotografías finalizará o 16 de febreiro. Entregaranse 5 premios de 30€ cada un para gastar nos establecementos de hostalería do Concello.

Sorteo, utilizas o #CarnéXove?

Imagen
Para participar neste sorteo, destinado a persoas mozas galegas con carné xove vixente, tes que: 1. Subir unha Story a Instagram dalgún produto/servizo adquirido co desconto do #CarnéXove 2. Utilizar o cancelo (hashtag) #CarnéXove, mencionar a @xuventude e indicar o nome do establecemento/marca onde fixeches a compra (se ten Instagran, menciónaa tamén) 3. Fai captura da túa participación. PRAZO: Dende as 13.00 horas do día 10 de febreiro de 2021 ata as 11.59 horas do día 25 de febreiro de 2021. PREMIO: un vale de 50 € en libros para utilizar nas librarías da Federación de Librarías de Galicia adheridas ao Carné Xove! Para máis información, consulta as bases do concurso

Saímos no periódico

Imagen
  El periódico La Región le dedica hoy un artículo a nuestra biblioteca.