Concurso Lingua de namorar 2021



A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia organizan unha nova edición de Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. A iniciativa está deseñada para dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en Internet e na mensaxería instantánea. 

Categorías

Os participantes nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos) poden enviar as mensaxes
a través do formulario do concurso
Para participar na nova categoría C (exclusiva para Instagram), cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

Premios

Tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:

- 1º Bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam

- 2º Tableta ZA4G0023SE Lenovo tablet 10,1” 2/32GB

- 3º Cámara WILD4 3GO cámara deportiva 4k

Un premio para a categoría C:

- 1º Bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam


O prazo para enviar as mensaxes remata o 2 de marzo de 2021. Para ampliar información, preme aquí.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo