Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Apertura das piscinas municipais

Imagen
O venres 3 de xullo abrirán ao público as piscinas municipais, este ano en horario de 14:00 a 21:00 horas. Dada a nova situación sanitaria provocada pola COVID-19 e a reducción obrigatoria do aforo terán preferencia no acceso á piscina pola seguinte orde: 1º Os veciños empadroados con BONO 2º Os residentes (2ª residencia) con BONO Os interesados nos BONOS deberán facer a súa reserva ata o 2 de xullo e a partir desta data non se farán máis bonos, salvo dispoñibilidade de aforo. A reserva do BONO farase do seguinte xeito: Presencialmente nas oficinas do Concello ou na biblioteca Na sede electrónica: http://concelloesgos.sedelectronica.gal No email info@concelloesgos.com Os prezos dos BONOS son os seguintes: - Menores de 10 anos: gratis, pero deberán reservar igualmente o bono. - De 11 a 17 anos: 10 € empadroados e 20 € residentes - De 18 a 65 anos: 15 € empadroados e 30 € residentes - Maiores de 65 anos: gratis para os empadroados pero teñen que reservar igualmente o bono e 30 € para o

Novos carnés da biblioteca

Imagen
Hoxe comezamos a entregar os novos carnés da biblioteca. Recordade que este carné permite o acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas galegas integradas. A partir de hoxe será obrigatorio presentar o carné para o préstamo de libros.

Campamento de verán 2020

Imagen
O campamento de verán Esgos 2020 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada ➡️ DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil. ➡️  NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade. En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran. ➡️ CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación: 1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM 2. Familias empadroa

A biblioteca na "nova normalidade"

Imagen
Ata novo aviso a biblioteca estará aberta ao público só para préstamo e devolución de exemplares e para tarefas administrativas (renovación do carné, alta de usuarios, etc) Horario: De luns a venres de 17:30 a 19:30 horas, con cita previa. Para calquera consulta poden dirixirse a biblioesgos@gmail.com

A biblioteca de Esgos na Rede de Bibliotecas de Galicia

Imagen
A Xunta de Galicia ven de implementar un novo sistema de xestión bibliotecaria na nosa biblioteca polo que dende o pasado 3 de xuño, a Biblioteca Municipal de Esgos está integrada no Catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Este novo sistema permite a integración das diferentes bibliotecas municipais de Galicia nunha contorna unificada, o que supón moitas ventaxas tanto para os técnicos como para os usuarios: Os usuarios terán un carné único da Rede que permite o acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas: consultas, reservas, renovacións… Así como o acceso á plataforma de préstamo de libro electrónico,  GaliciaLe Acceso ao catálogo colectivo da rede accesible desde a web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/  NOVO CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS O paso ao carné da Rede irase facendo de forma progresiva segundo os usuarios vaian utilizando os servizos da Biblioteca Municipal, ainda que tamén poden solicitalo a través do correo electrónico biblioe