Campamento de verán 2020


O campamento de verán Esgos 2020 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada

➡️ DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil.
➡️  NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade.
En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran.
➡️ CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación:
1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM
2. Familias empadroadas no concello de Esgos
3. Familia monoparental
4. Que ambos proxenitores traballen actualmente
5. Familias numerosas.
No caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas a selección dos/das aspirantes realizarase en función do cumprimento dos anteriores requisitos. No caso de producirse un empate realizarase un sorteo entre as/os aspirantes que se atopen na mesma situación.
➡️ HORARIOS E QUENDAS: Este campamento levarase a cabo de luns a venres, durante os meses de xullo e agosto, agás os festivos. Faltan por definir as datas de comezo e fin, xa que se intentarán adaptar na medida do posible á demanda dos solicitantes.
O horario será de 10:30 a 13:30 horas.
➡️ PREZO: Os prezos serán os seguintes:
• 10 €/quincena para os empadronados
• 20€/quincena para os residentes non empadronados
As familias con 3 ou máis fillos beneficiaranse dun desconto do 25 %, sobre a cota que lle corresponda con independencia do número de fillos/as matriculados no campamento.
➡️ NORMAS DE FUNCIONAMENTO: Deberán comunicar á persoa encargada da actividade os cambios que se produzan en relación cos datos que figuren na súa folla de inscrición.
Prégase puntualidade na entrega e recollida dos nenos. Máis de catro faltas de asistencia sen xustificar ao campamento, poderá ocasionar a baixa na actividade, e entrará o/a neno/a que corresponda segundo a orde establecida na lista de espera.
Debido á situación sanitaria que estamos a sufrir provocada pola pandemia do Covid-19, deberán tomar a temperatura aos seus fillos/as a diario. De ter algún síntoma prégase que o comuniquen o antes posible para tomar as medidas oportunas e non deberían levar aos fillos/as ao campamento.
Seguiranse os protocolos de seguridade e saúde recomendados polo Servizo de Prevención do Concello de Esgos, no marco das recomendacións publicadas polas autoridades sanitarias.
➡️ OBSERVACIÓNS:
1. Recoméndase vestimenta e calzado cómodo.
2. Cómpre que as/os participantes boten crema solar antes de saír da casa e que traian unha pequena merenda para a media mañá, unha gorra e unha botella de auga.
3. No caso de que se realice unha actividade acuática deberán traer unha bolsa con traxe de baño, toalla e chancletas.
➡️ PRAZO: o prazo de solicitude de praza abrangue dende o 18 ata o 23 de xuño (ambos incluídos). O formulario de inscrición poden solicitalo nas oficinas municipais ou preferiblemente a través do correo electrónico  biblioesgos@gmail.com ou info@concelloesgos.com
A partir do 25 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo