Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2010

Curso de manualidades e restauración

Imagen
A Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños" organiza: Curso de manualidades e restauración (Utensilios de madeira, ferro e cerámica) Data de comezo: Sábado 27 de marzo Data de remate: Sábado 5 de xuño Horario: Sábados de 18.30 a 20.00 horas Lugar: Local Social de O Pinto Si estás interesada leva os obxetos que queiras restaurar.

Carné Xove

Imagen
Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ámbolos dous inclusive, interesados en conseguir o Carné Xove só teñen que cubrir un impreso de solicitude no concello, presentar o DNI e pagar 6 €. Pódese usar naqueles establecementos e servicios que figuran na guía carné xove euro<30, que se entrega gratuitamente con carné. Este carné ten unha vixencia de dous anos a partir da súa expedición.

Carné da biblioteca

Como xa comentamos noutras entradas dende o portal da Rede de Bibliotecas de Galicia pódese: Consultar o catálogo de libros dispoñibles Opinar sobre un libro Reservar libros Para algunhos trámites, como por exemplo reservar libros é necesario ter carné da biblioteca, así que si ainda non o tes podes solicitalo na biblioteca ou a través da web. Para facer a solicitude do carné online hai que entrar na web da nosa biblioteca . Elexiremos do menú da esquerda a penúltima opción "xestións en liña" e despois "solicitude de carné". So teremos que cubrir o formulario e envialo. Si nalgún momento tiveches carné da biblioteca non tes que solicitar un novo xa que están todos rexistrados. Anímate e faite socio da biblioteca, é gratis!!! Ler máis sobre a biblioteca .

Reserva de exemplares dende a web da biblioteca

Imagen
Dende a web da "Rede de bibliotecas de Galicia" pódese acceder á Biblioteca de Esgos e consultar o catálogo de libros dispoñibles, pero tamén se poden reservar exemplares. Na entrada "A biblioteca en intenet" xa se explicou cómo se accede a biblioteca virtual e na entrada " Búsqueda no catálogo da biblioteca " explicouse cómo se buscan libros no catálogo, así que unha vez que temos localizado o libro premeremos en "Reservar exemplar": Abrirase unha páxina na que debemos introducir o número de carnet da biblioteca e un contrasinal. Si o facemos correctamente obteremos unha mensaxe indicando que está feita a reserva. O número de carnet do lector e o contrasinal debe solicitarse na biblioteca ou a través das seguintes direccións de correo: esgostelecentro@gmail.com ou ben esgos@rbgalicia.org Ler máis sobre a biblioteca

Búsqueda no catálogo da biblioteca

Imagen
Para acceder á biblioteca virtual do concello seguiremos os pasos explicados en " a biblioteca en internet " ou directamente pinchando eiquí Podemos buscar no catálogo por: título, autor, materia, etc, simplemente elixindo a opción que queiramos e escribindo no recuadro o título ou o nome do autor por exemplo. Cando non sabemos moi ben o que buscamos podemos poñer unha letra e mostraránse todos os títulos que comezan por esa letra. O mesmo ocurre cos autores, materias, etc. Se buscamos por autor, estes aparecerán ordenados alfabéticamente polo primeiro apelido. Á hora de buscar por título hai que ter en conta que se un título comeza por un artigo (unhos, a, o...) deberemos buscar pola seguinte palabra, por exemplo, se buscamos o título "Unha ricahembra" deberemos poñer "ricahembra". Por desgracia a biblioteca non está perfectamente catalogada e algunhos títulos si que comezan polo artigo. Por esto último tamén é moi interesante a opción "buscar por&q

Cea do "dia da muller traballadora"

Imagen
O sábado pasado reuníronse 40 veciñas do concello para celebrar xuntas o día da muller . A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organizou unha cea no restaurante Os Caracoles, na Derrasa. Ó rematar a cea, como ven sendo costume, houbo baile e todas recibimos un agasallo de parte da organización. Esta cea cada ano é mellor !!!!

Domingo cultural

Dende o Curso-Taller de Neuropsicología - Área Memoria que se está celebrando no concello propúxose un "roteiro cultural" para o vindeiro domingo día 7 no que pode participar calquera veciño e que consiste en: 16.00 horas: Saída dun autobús de O Pinto, por Tarreirigo, Esgos, Pardeconde, Touza, Melón, Quinta, Gomariz e Rocas. 17.00 horas: Mosteiro de San Pedro de Rocas e ó Centro de Interpretación da Ribeira Sacra 18.45 horas: Centro Cultural da Deputación de Ourense: Exposición do Escultor Paco Pestaña 20.00 horas: Concerto na Igrexa de Santa Eufemia a Real do Centro de Mika Väyrynen Os interesados deberán anotarse nos Servizos Sociais do concello (988290000 - Silvia)