Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2015

Contos ao revés

Imagen
Hoxe na biblioteca puidemos desfrutar dos "Contos ao revés" de Xanela Ocio, dentro do programa Ler conta moito. Asistiron 22 nenos e nenas e 16 adultos que escoitaron como os heroes tamén poden ser mulleres e como os lobos poden ser bos.

Curso de gaita, percusión e pandereta.

Imagen
O vindeiro sábado 10 de outubro comeza unha nova edición do "Curso de gaita, percusión e pandereta". As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, se impartirán os sábados ás 15:30 horas no local de O Pinto. Máis información nas oficinas do concello.

Educamóbil

Imagen
O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer. Lugar: Praza da Souteira, Esgos Dia: Venres 2 de outubro Hora: De 16:30 a 20:00 horas Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

Contacontos "contos ao revés"

Imagen
O xoves 17 de setembro ás 18:00 horas poderemos desfrutar dunha tarde de contacontos, enmarcado no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura. Contos ao revés, de Xanela Ocio é un espectáculo que fomenta a igualdade e o respecto, cheo de historias onde as bruxas son boas e os príncipes feos... AVISO: ESTE CONTACONTOS CAMBIASE PARA O MÉRCORES 30 DE SETEMBRO ÁS 18:30 HORAS.

Cambio de horario

A partir do luns 7 de setembro a biblioteca estará aberta en horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas. Agardámosvos!!