Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

Estudo "O valor social das bibliotecas"

Imagen
  A Dirección Xeral de Cultura puxo en marcha un estudo titulado "O valor social das bibliotecas" para coñecer como a cidadanía valora os servizos que ofrecen as bibliotecas. Dende a biblioteca animámosvos a participar na recollida de datos para a elaboración deste estudo. Só tedes que contestar unha pequena enquisa en liña, dirixida tanto a persoas usuarias das bibliotecas como a persoas que habitualmente non usan este servizo. Para acceder á enquisa escaneade o código QR do cartel. Tamén podedes participar cubrindo o cuestionario de xeito manual que estará dispoñible na biblioteca.

Campamento de verán 2023

Imagen
  Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán Esgos 2023.  Este campamento pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada. Est dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil. Toda a info e o formulario de solicitude en www.concelloesgos.com