Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como AAVV Rezomilo

25N

Imagen
Co gallo do 25N – Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres levaremos a cabo dende o concello diferentes actividades: Inauguración dun espazo para reflexionar sobre as relacións de parella, o sábado na aira da biblioteca. Inauguración da «Ruta da mesa dos mouros» o domingo, cunha mini andaina circular de 7 km. Xornada de autodefensa para mulleres, que se celebrará en xaneiro por cuestións de axenda. Dende a biblioteca tamén se promocionarán esta semana os libros sobre igualdade e violencia de xénero e para o martes 28 de novembro está prevista ás 18:00h a presentación do libro Os segredos de Teresa, de Oscar M. Guzmán, no que tamén se trata a violencia contra as mulleres. Ademais as asociacións tamén organizarán actividades para este 25N: - Andaina das Mulleres Rurais Os Picotiños  - Obradoiro sobre violencia dixital na Asociación Rezomilo de Vilar.  

Excursión a O Grove (A Toxa)

A AA. de VV. Rocas (Esgos) e a AA. Rezomilo (Vilar) organizan unha excursión a O Grove (A Toxa) para o domingo 24 de maio . A viaxe inclue: Almorzo Participación nunha amena demostración publicitaria (1 hora) Comida Visita ó porto do Grove, onde subirán a un barco acristalado para ir ata a ria de Arousa Merenda na ria de Arousa Visita a Illa de A Toxa e a sua fábrica de xabóns. Prezo por persoa : 15 € As reservas deben facerse antes do 15 de maio.

Clases de bailes latinos

Imagen
Hola, A Asociación de Veciños Rocas e a Asociación Rezomilo de Vilar puxeron en marcha con moito éxito de participación , un curso de bailes latinos que se prolongará durante tres meses . As clases son os martes e os xoves de 21:15 a 22:00 e teñen un custo de 5 euros mensuais. Os primeiros días acudiron moitas mozas e mulleres, pero co paso dos días, vánse animando os homes.