Entradas

Mostrando entradas de julio, 2009

A banda de gaitas actuará en Manzaneda

A banda de gaitas do concello de Esgos participará no primeiro grao da derradeira fase de Liga Galega de Bandas de Gaitas que terá lugar en Manzaneda o domingo 2 de agosto. A actuación da banda de Esgos será ás 13,20 horas. Esperan acadar un bo posto, xa que nas fases anteriores acadaron as primeiras posicións. ¡Sorte!

Feira agro ambiental de O Pinto

Imagen
O concello de Esgos en colaboración coa Deputación e Caixanova organiza a XI edición da "Feira agro ambiental de O Pinto" . Sábado 8 de agosto O Pinto (Esgos) Tamén se poderá disfrutar nesta feira dunha degustación de callos .

Programa das Festas Esgos 2009

FESTAS DE ESGOS 2009 Na honra de San Vitores (20, 21, 22, 23, 24 e 26 de agosto) XOVES 20 20.00 h. Festa do emigrante coa actuación dunha charanga. III Festa do arroz con leite . VENRES 21 12.00 - 13.00 h. Concurso de debuxo infa ntil na praza da Souteira. 17.30 h. Xogos infantís "Galiocio" na zona das piscinas. 00.30 h. Festival de música Rock e Discoteca móvil . SÁBADO 22: 10.00 h. Pasarruas a cargo dun grupo de gaitas. 12.30 h. Campeonato local de natación (25, 50, 100 m) 17.00 h. Xogos populares na praza da souteira 00.30 h. Gran verbena coa orquesta CHÁSTON DOMINGO 23 10.00 h. Pasarruas a cargo dunha banda de música 12.00 h. Procesión e misa solemne na honra de San Vitores coa actuación dunha banda de música. 17.00 h. Partido de futbol solteiros - casados no campo de Rocas 21.30 h. Festa e verbena coa orquesta revelación de Galicia CICLÓN LUNS 24 10.00 h. Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Airiños de Caldelas 12.00 h. Ghynkana ciclista na praza da Souteira 16.00-

Cine de verán caixanova

Imagen

Avisar a... en el móvil

Cruz Roja y el Ministerio del Interior han puesto en marcha una campaña para que los ciudadanos añadan en la agenda de su teléfono móvil una entrada (Aa, seguido del nombre de la persona elegida y un número de teléfono) para contactar en caso de que el propietario del teléfono sufra algún percance o se vea envuelto en una situación de emergencia. De esta forma, ese número aparecerá siempre en primer lugar en la agenda. La propuesta es rápida, eficaz y barata. "Avisar a..." es un sistema "sencillito y extraordinariamente útil"; "una garantía" para quien sufre un percance "y para los servicios de emergencia".

Fotos da III andaina e III subida Rocas - O Eirado

Imagen
O pasado domingo máis de 400 persoas participaron na 3ª andaina e na 3ª Subida Rocas - O Eirado en Esgos. O percorrido da andaina de 21 km e o da carreira 14 km, por carballeiras, camiños de montaña, pobos... e o dia, ada caluroso a primeira hora da maña, fixo que a xente estivera moi animada dende o comezo. Para rematar, comida (empanada, tortilla, ensaladilla, lacón, embutido e bica) e cervexa para todos. Podedes ler os comentarios dos corredores sobre esta proba en correrengalicia . Nos vindeiros dias publicaranse as fotos na web do concello www.concelloesgos.com , pero eiquí vai un pequeno adianto. ANDAINA: Grupos de andaríns coa camiseta vermella da andaina Uns andaríns moi contentos CARREIRA: Saída Un corredor pasando pola Virxe do Monte Había que repoñer forzas...

Doa sangue

Imagen
Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e máis de 50 kilos de peso non quedes indiferente. 15 minutos do teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde e salvar vidas. O sangue non se pode fabricar. Doa sangue! Dia: sábado 11 de xullo Hora: de 12.30 a 15.00 horas. Lugar: ó carón do Centro de Saúde de Esgos

Ourense lúdico 2009

Imagen
Os luns dos meses de xullo e agosto os rapaces de entre 4 e 14 anos poderán disfrutar de actividades artísticas e lúdicas dentro do marco do "Ourense lúdico" . Estas actividades incluen: recortavéis, papiroflexia, globoflexia, modelado, pintura, reciclaxe, cestería, xogos tradicionais, obradoiros variados, xogos cooperativos, sendeirismo, etc. Data: Luns do mes de xullo en Vilar (Local social de Rezomilo) Luns do mes de agosto en Esgos (Praza da Souteira) Horario: 16.00 - 18.00 horas