Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

Dia das Letras Galegas e Dia de Internet

Imagen
O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas e o homenaxeado deste 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Este mesmo día tamén se celebra o Dia de Internet , así que para celebralo, na biblioteca temos preparadas varias actividades para esta semana. Tomando como base o logo do dia de internet faremos unha "rede das palabras": cada un/unha dos usuarios da biblioteca escribirá nunha das flechas a palabra en galego que queira, pode ser unha que lle guste, unha que escolla do diccionario, etc. Tamén leeremos algunhos poemas de Xosé María Díaz Castro e teremos un taller de poesía infantil en galego.

Clases de baile de salón

Imagen
A asociación de mulleres "Os Picotiños" está a impartir un curso de bailes de salón os sábados pola tarde.

Chala sobre "normas e límites, educación en positivo"

Imagen
Hoxe puidemos asistir en Esgos a unha moi interesante charla sobre "normas e límites, educación positiva" impartida pola Asociación Xarela dentro do programa de apoio ás familias .