Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2008

Festa do emigrante 2008

Imagen
Onte a partir das 20.00 horas celebrouse a "Festa do emigrante" na praza da Souteira, coa axuda dunha treintena de voluntarios. Como ven sendo costume o pan e a bebida corrían por conta do concello e os comensales tiñan que pagar o pulpo. Coincidindo coa festa do emigrante tamén se celebrou a terceira edición da festa do arroz con leite , na que se repartiron 800 racións deste doce. Cada ano acude máis xente a esta festa, que marca o inicio das festas do San Vitores. ¡Esta vez a choiva respetounos ata o final! Eiqúí deixo algunhas fotos máis, pero a verdade é que non son de moi boa calidade.

Festas de Esgos: San Vitores 2008

Imagen
Xa estamos na semana das festas de Esgos na honra de San Vitores, así que hai que ir collendo forzas... Para que vaiades mirando o que máis vos interesa eiquí vos deixo o programa das festas. Son moitos días, pero non vos asustedes... Está de máis dicir que vos animedes a participar ¿non? Xoves 21 20:00 Festa do Emigrante Actuación da charanga "Amigos da Banda de Música de Celanova" Actuación da Escola de Samba "Zumbón" 3ª Festa do arroz con leite Venres 22 11:30 a 13:30 Concurso de debuxo infantil 17:30 Xogos Infantís Galiocio 00:30 Festival de Música e Festa do Licor Café Sábado 23 10:00 Pasarrúas amenizado polo grupo de gaitas "San Lorenzo" 12:00 Yinkana ciclista na Souteira 18:00 Campionato local de natación (25, 50, 100 m) 20:00 Actuación infantil Laxas de Seixo 00:30 Gran verbena amenizada pola orquestra "Jocker" Domingo 24 10:00 Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Concello de Esgos 12:00 Procesión e Misa Solemne cantada por

III Concurso de Fotografia do Portal de Telecentros

Imagen
Xa está en marcha o " III Concurso de Fotografía del Portal Telecentros " que este ano busca sensibilizar sobre o consumo responsable e a importancia da agua a través de fotografias captadas durante este verán. O tema da fotografía buscará sensibilizar sobre a importancia da auga e o seu consumo responsable como elemento imprescindible para a vida. Poden participar todos os usuarios de Telecentros enviando un máximo de tres fotografías ata o 30 de setembro a sugerencias_telecentros@red.es co asunto "Concurso de fotografía" e os datos de contacto. Os premios para os gañadores son: unha cámara de fotos digital, unha consola PSP de Sony e un reproductor MP3. Toda a información pódese atopar eiquí

X Feira agro ambiental do Pinto

O pasado sábado celebrouse a décima edición da Feira agro ambiental de O Pinto . Este ano había moitos e variados postos: unha "minigranxa" con ovellas, porcos celtas, cabalos e galos, un posto de prantas, outro de adornos para xardíns, de roupa, tractores, un taxidermista, o de camisetas para a festa do San Vitores, unha exposición de materiais de construcción do principios do século pasado, etc. Como xa é habitual os veciños dos pobos fixeron cestas coas verduras das súas hortas e como este ano non hai moita cousa, algunhos fixeron "trampa" e adornaron as suas ata con pementos roxos. Ás 12.30, despois de que actuara a banda de gaitas do concello , comezou a comida, cunha degustación de callos . Para os que quedaron a comer había pulpo e churrasco. Feira Pinto View SlideShare presentation

Aerobic

Como xa vos adiantei noutro post este verán en Esgos estamos moi deportistas... En Vilar acordaron a pagarse eles mesmos, fora da asociación, unhas clases de aerobic. Ó redor de 30 persoas acuden a clase os martes e xoves de 21.00 a 22.00 horas, a maioría mulleres, de todas as idades. Así da gusto... que éxito de participación! Aerobic en Vilar View SlideShare presentation En Esgos , as clases de aerobic son os luns e mércores de 20.00 a 21.00 horas e ainda que son gratis acude menos xente ca en Vilar.

Cea fin de curso

Esta semana rematamos o curso de firma dixital e comercio electrónico que comezaramos no mes de xuño. Para celebralo organizamos unha cea este venres na casa de Paco, un dos alumnos, porque os diplomas ainda se van a retrasar un pouco. Aínda que non puideron asistir todos os alumnos eramos un grupiño xeitoso. Os encargados da parrilla foron Paco, Antón e Jorge; e hai que decir que a carne estaba no punto. Do postre encargáronse Teresa e Natalia, que fixeron flan e chulas. Estaba todo boísimo. Cena fin de curso view presentation Despois da cea, algunhos quixeron seguir a festa un pouco máis e achegáronse ata as festas de Pardeconde.

Cine Caixanova en Esgos

Imagen
Onte pola noite, ás 22.30 horas houbo cine en Esgos. Como o día estivo chuvioso a película Bee Movie proxectouse no centro social. Asistiu público de todas as idades.